COLINETA. Gastronomía e literatura.

contacto: miguel(arroba)colineta.com

¿Y estos anuncios? Si te molesta, te dejamos quitarlo.

CHANFAINAS

MercadoSabadoFerreira.jpgDespois de moitos anos volvín comer chanfainas. Sempre me gustaron sen curar, fritidas e acompañadas de patacas, pero as que comín desta volta foron cocidas, que xa estaban algo curadas de máis e non servían para fritir.
De neno na miña casa matábanse un ou dos cochos e miña mai facía as chanfainas, grandes e gordas, cos pulmóns do bicho e outras carnes e, paréceme, mesturando algo de zorza dos chourizos. Afumábanse con loureiro e comíanse frescas, fritas principalmente.
Agora resulta que un carniceiro de Mondoñedo as leva os sábados ó mercado de Ferreira do Valadouro, onde foron mercadas as que eu comín. Este mesmo carniceiro leva tamén roxós de tripa, que eu comía con gusto nunha das tabernas con máis personalidade de Ferreira, Os Lobos, pechada hai uns anos. O exemplo deste mindoniense, que emprega como marca comercial unha que lle había gustar a Cunqueiro, Fontevella, debería estenderse máis para evitar perder esas exquisiteces que estamos a perder.
As chanfainas que comín cocidas estaban certamente moi ben feitas. Prometo volver sobre o tema cando as compre frescas e as poida comer fritidas, acompañadas duns cachelos.
18/01/2005 13:08 LEER este artigo. Tema: ARTIGOS.

Comentarios » Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario

*

*
No será mostrado.


*

* Datos requeridos.


V.O.GALEGO

Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Creative Commons.

Temas



Archivos

Enlaces

Blog creado con Blogia. Derechos de autor con . Estadísticas. Suscribir RSS. Admin.

[Blogia apoya a Evento Blog España y los Premios Bitacoras.com 2008 | Medio Oficial: ADN.es]