COLINETA. Gastronomía e literatura.contacto: miguel(arroba)colineta.com
|
MÁIS LIBROSAcabo de comezar a lectura de “Delirios gastronómicos”, o último libro do lucense residente en Asturias José Manuel Vilavella, gañador este ano do premio de xornalismo gastronómico Álvaro Cunqueiro. Un traballo interesante e divertido, no que o autor da conta dalgunhas das súas experiencias gastronómicas. Cando remate con Vilavella (nas vacacións da Semana Santa viaxo e non haberá tempo para a lectura) comezarei con “Sabor a Cuba”, de René Vázquez Díaz, do que non sei nada, pero polo que puiden ler no xornal promete unha exaltación da cociña tradicional fronte ó que o autor cualifica de “bobería gastronómica internacional al alcance de los pudientes” Volveremos sobre ambos libros. Máis sobre libros Outra sobre libros © Miguel Vila Pernas 23/03/2005 09:18 LEER este artigo. Comentarios » Ir a formulario |
![]() Esta obra está baixo unha licenza Creative Commons. TemasArchivos
Enlaces |