COLINETA. Gastronomía e literatura.

contacto: miguel(arroba)colineta.com

¿Y estos anuncios? Si te molesta, te dejamos quitarlo.

XANTARES LITERARIOS

Xantares1.jpgOrganizado polo Pen Clube de Galicia en colaboración co grupo de restaurantes Xantares, tivo lugar o primeiro encontro dos sete programados no ciclo Xantares Literarios.

A primeira cita, no restaurante Roberto, en Vedra, estivo dedicado a Álvaro Cunqueiro, cuxa figura foi glosada polo seu propio fillo, César Cunqueiro, para dar paso a unha emotiva intervención do xornalista, escritor e crítico gastronómico da Cadena Ser Joaquín Merino, que lembrou a literatura gastronómica de autores galegos como Cunqueiro, Julio Camba, José María Castroviejo e Jorge Víctor Sueiro.

Na sobremesa Bieito Iglesias procedeu á lectura de senllos poemas de Álvaro Cunqueiro e César Cunqueiro.

O segundo encontro dos Xantares Literarios terá lugar o próximo 8 de abril no restaurante Chef Rivera, de Padrón, e dedicarase a Rosalía de Castro e Camilo José Cela, ós que me corresponderá a honra de lembrar. Na mesa redonda “Escribir, ler, comer e beber” está prevista a intervención de Xavier Castro Pérez (Prof. da Universidade de Santiago), Ramón Chao (escritor), Xosé Luis Méndez Ferrin (escritor), Fátima Rodríguez (Prof. Univ. Toulouse II), Xavier R. Baixeras (escritor).
30/03/2005 10:31 LEER este artigo.

Comentarios » Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario

*

*
No será mostrado.


*

* Datos requeridos.


V.O.GALEGO

Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Creative Commons.

Temas



Archivos

Enlaces

Blog creado con Blogia. Derechos de autor con . Estadísticas. Suscribir RSS. Admin.

[Blogia apoya a Evento Blog España y los Premios Bitacoras.com 2008 | Medio Oficial: ADN.es]