COLINETA. Gastronomía e literatura.contacto: miguel(arroba)colineta.com
|
COLOQUIO EN MIL DUASCENTAS COPLAS GALEGASFrei Martín Sarmiento. Publicado en 1751 Coplas 112 a 128 Na praza si que houbo de novo e de certo, muito no verán abondo de fresco: Pixotas e congros, muxes e corbelos, melgachos e melgas, pintos e xorelos, panchoces e xardas, polbos e badexos, buraces e sollas, escachos e reos, robalos e raias, curuxos e meros, cabalas e barbos, e mais bucareos, de tranchos mui poucos, rodaballos menos, lenguados a pote airoas sen termo. Catro mans a branca íban os xorelos, de tres as xouviñas antronte; que prezo! Muitos caramuxos, mexillós, cranguexos, camarós, pecebres ameixas a centos. TOMASA - Mais non vos cansedes, Andrea, por Deos, - Dixo; e axudoulle Tomasa do Outeiro- O ano foi farto, o maíz, eu creo, que encherá os canastros tanto que o centeo, O millo meúdo e os feixóns pretos e mais o paínzo encherán os cestos. Inda que o liño tivo muito gordo, é certo, non coubo nos lagos o liño colleito. Das coles, das verzas, dos allos, dos beldros, e mais as cebolas foi ano mui cheo; se ollais os nabales, dirés que no inverno, habrá muitos nabos, razibas e grelos; as viñas prometen, xa estamos sen medo, que habrá nas vendimias gran falta de cestos; na vila traballan tantos toneleiros, que abouxan as rúas con tanto golpeo: toneles e pipas de novo fan presto, e alimpian, remendan os pipotes vellos. Do viño a colleita será sen exempro, e seica ao chaviño pasará o neto. + Coplas 19 a 25 + Coplas 26 a 32 + Coplas 48 a 54 + Coplas 77 a 84 + Coplas 112 a 128 + Coplas 165 a 167 + Coplas 326 a 239 + Coplas 367 a 369 + Coplas 378 a 379 + Coplas 667 a 696 + Coplas 728 a 731 Miércoles, 15 de Junio de 2005 13:31 Comentarios » Ir a formulario |
![]() Esta obra está baixo unha licenza Creative Commons. TemasArchivos
Enlaces |