COLINETA. Gastronomía e literatura.contacto: miguel(arroba)colineta.com
|
LÁGRIMAS DE SANTIAGOHoxe despois da comida tomei un café con gotas. Puxéronme na mesa a botella da augardente para que me servira. A etiqueta falaba das lágrimas de Santiago e pensei que se trataba de oruxo galego. Sorprendeume descubrir que procedía de Toledo, concretamente de Casarrubias del Monte. Aínda me sorprendeu mais a explicación do responsable do restaurante: tratase unicamente de xustificarse ante os inspectores, non sei se de sanidade ou de facenda. O contido da botella era puro garrafón. Outra mostra do concepto de excelencia de algúns hostaleiros galegos. © Miguel Vila Pernas 08/07/2005 21:02 LEER este artigo. Tema: ARTIGOS. Comentarios » Ir a formulario |
![]() Esta obra está baixo unha licenza Creative Commons. TemasArchivos
Enlaces |