COLINETA. Gastronomía e literatura.contacto: miguel(arroba)colineta.com
|
TRABALLOS DE TODO O ANOMANUEL MARÍA (En Terra Cha, 1954) A esfenda e a demouca é en Febreiro. Bótanse as patacas en Marzo raioleiro e seméntase tamén trigo marceiro. Bótase o millo da xente por Abril cando o cuco saíu do seu cubil, e Maio longo estará sachado il. Polos días grandes do San Xoan cóllese a nabiña, o lume novo fan; mércanse as fouciñas para segar o pan. No mes da Sega o sol pica moi duro, ó segar o pan, o trigo está maduro; mes de moito traballar e moito apuro. Estamos no Agosto: a malla e a gadaña que quere pouca forza e moita maña; hai que botar os nabos, se barbaña. O de Setembro é o mes de San Miguel: apaña patacas, non hai mes como el; é tempo de ver se os trobos teñen mel. No Outono hai que ir ó San Froilán: mozos, homes, vellos, nenos, todos van e voltan de presa para outonar o pan. No San Martiño ollo porcos cebados, os magostos, os capós arrombados e abrir regos en lameiros e prados. O tempo de Nadal é frío e ventureiro. Noiteboa. ¡Se hai leña no unlleiro chegarán os Reises a entrada de Xaneiro! Lunes, 11 de Julio de 2005 21:18 Comentarios » Ir a formulario |
![]() Esta obra está baixo unha licenza Creative Commons. TemasArchivos
Enlaces |