COLINETA. Gastronomía e literatura.

contacto: miguel(arroba)colineta.com

¿Y estos anuncios? Si te molesta, te dejamos quitarlo.

BOLAS DE SARTÉN E PAN SUECO

Unha franquía de tendas de bocadillos ofrece agora unha nova especialidade con pan sueco. Eu nunca probei o pan sueco, pero polas fotografías dos bocadillos semella as antigas bolas de sartén que tantas veces se cociñaron en Galicia.

Estas bolas, que non son mais que masa de pan fritida na tixola, cociñábanse cando na casa se acabara o pan e non había tempo de cocer nin de conseguilo doutra maneira. Entón, como solución provisional, facíanse as bolas de sarten.

Amasase fariña con auga, un chisco de sal e levadura de panadería (pódese mercar en moitas panaderías e despachos de pan). deixase levedar e de seguido cóllense pequenas bolas de masa e estendese cun rolo ou coas mans formando un circulo de medio dedo de gordo e menos dunha cuarta de diámetro. De seguido frítese esta torta nunha tixola con algo de aceite... E a mesa.

Hai quen, metido en fariñas, coloca na masa de cada bola uns anacos de touciño, chourizo ou xamón.
O resultado e moi saboroso en calquera caso. O meu rapaz fíxenllas unha vez e agora non para de pedir aquel pan tan rico, ata para o bocadillo da merenda

© Miguel Vila Pernas

*miguel(arroba)colineta.com

25/07/2005 14:31 LEER este artigo. Tema: ARTIGOS.

Comentarios » Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario

*

*
No será mostrado.


*

* Datos requeridos.


V.O.GALEGO

Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Creative Commons.

Temas



Archivos

Enlaces

Blog creado con Blogia. Derechos de autor con . Estadísticas. Suscribir RSS. Admin.

[Blogia apoya a Evento Blog España y los Premios Bitacoras.com 2008 | Medio Oficial: ADN.es]