COLINETA. Gastronomía e literatura.contacto: miguel(arroba)colineta.com
|
A GAITA GALLEGA -2A GAITA GALLEGA (1853) Xoán Manuel Pintos Foliada 3ª (fragmento) (falan os cans da vila) Comemos muitas comidas, cheas de muitas misturas e inda que temos calenturas con gusto as pasamos nós. Non temos que buscar herbas porque médicos nos curan e señores nos procuran deitándonos en colchós. As señoras, miñas joias, nos miman, dannos de bicos e nomes mui chichiricos nos poñen elas tamén. Durmimos no seu regazo, por premio de lealtade velando ó pé da mitade cando o coime a velas vén. Azucarillos, bizcoitos nos dan do seu azafate e sopas en chicolate molladas pola mañán. ”Cupido, Cupido, toma” nos din con gran donosura e facémoslles misura lambéndolles a branca man. 01/08/2005 10:37 LEER este artigo. Tema: POESÍA. Comentarios » Ir a formulario |
![]() Esta obra está baixo unha licenza Creative Commons. TemasArchivos
Enlaces |