COLINETA. Gastronomía e literatura.

contacto: miguel(arroba)colineta.com

FLAN CON REQUESÓN

Agosto e setembro son meses especialmente bos para unha das grandes especialidades do norte das provincias de Lugo e A Coruña: o requesón.

Esta especie de queixo fresco ou callada fíxose tradicionalmente nas casas, sendo o mellor o procedente de zonas de montaña, supoño que por causa das temperaturas, entre outros factores. Sempre tivo fama o do Cadramón,
Frexulfe, As Oiras, Romariz, Labrada... Hai xa arredor de tres décadas que unha empresa láctea de Abadín comezou a producir requesón de maneira industrial, obtendo un produto de excelente calidade, inda que non comparable ao caseiro.

Agora unha cooperativa de A Capela anuncia un requesón artesanal, feito de leite cru, que resulta prometedor.

Tradicionalmente o requesón consómese mesturado con azucre ou mel. Hai quen lle pon un pouco de viño tinto ou unhas gotas de coñá, que lle van moi ben. Sueiro, en Comer en Galicia, fala do requesón con flan. Haberá que probalo.

© Miguel Vila Pernas

*miguel(arroba)colineta.com

Viernes, 02 de Septiembre de 2005 20:28

Comentarios » Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario

*

*
No será mostrado.


*

* Datos requeridos.


V.O.GALEGO

Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Creative Commons.

Temas





Archivos

Enlaces

Suscrí
bete a este blog. RSS 2.0 Este Blog ha sido creado con Blogia. Ver derechos de autor . Estadísticas. Admin. [Blogia colabora con 1001 relatos.]