COLINETA. Gastronomía e literatura.contacto: miguel(arroba)colineta.com
|
O MAGOSTOLuis Amado Carballo (En O Galo. 1928) No serán agoniante -bandadas de ceibes pombas- van alalás pol-o ceo en procesión rumorosa. O día ferido sangra en col da ría un roxo sospiro. Na fogueira dos magostos queimárase un auturuxo que se caíra das nubens abafado pol-o fumo. Outono frieiro. Ollos amarelos que choran no vento. Saloucan lentas campanas baixo o ceo neboento cantando o dor da paisaxe, o planto do sol funéreo. Lembranzas dos mortos sementan na terra coroas de ouro. Ou ourizos arregañan os dentes cor de caoba, nas puas dos seus cabelos reverdece unha luz nova. A noite marmórea tende as suas azas de tebras bafosas. 05/09/2005 20:07 LEER este artigo. Tema: POESÍA. Comentarios » Ir a formulario |
![]() Esta obra está baixo unha licenza Creative Commons. TemasArchivos
Enlaces |