COLINETA. Gastronomía e literatura.contacto: miguel(arroba)colineta.com
|
OS ÁCIOSXosé María Álvarez Blázquez En Canle Segredo (1954) ¿Cánto dera eu agora por un ácio daqueles que collíamos a furto das parras encostadas nas roíñas de Dona Mariquita! Ácios de uvas douradas, brancas, mouras, ateigadas de zumes e lembranzas, que unha man silandeira -a man do tempo- nos puña cada outono diante os ollos abertos á cobiza. ¡Ai, Deus, quén dera! Qué dera agora, niste van pechado, onde morren os libros un pouco a cada intre no meu peito, un ácio... Ben sabedes: ¡unha pinga de terra feita mel, de terra terra, nos beizos apertados dun neniño! E tornar a sentir a leda anguria aquila que nos daba, cando a noite viña pousando amodo, con fuxidías sombras de paxaros, nas roíñas de Dona Mariquita. (Isto estóu a querer, mentres cavilo nun cativo que durme xa pra sempre perdido no meu peito.) ¡Cánto dera eu agora por un ácio que me levase cara o tempo morto!. 09/09/2005 20:32 LEER este artigo. Tema: POESÍA. Comentarios » Ir a formulario
Está muy bien aportar información, que nos es útil para todos :)
Fecha: 05/05/2008 00:06. |
![]() Esta obra está baixo unha licenza Creative Commons. TemasArchivos
Enlaces |