COLINETA. Gastronomía e literatura.

contacto: miguel(arroba)colineta.com

¿Y estos anuncios? Si te molesta, te dejamos quitarlo.

QUE RICAS AS CASTAÑAS

Como tiña o día libre tocoume facer a comida. Estaba previsto un asado ao forno de agulla de tenreira criada na casa (agasallo dun amigo, que foi convidado a comer esa carne tenra e xelatinosa).

Pero quixen amañar algo máis. Choveu toda a mañá e apetecía unha sopiña, así que rapidamente amañei un caldo de polo no que posteriormente cocería abondo cabaciño e uns champiñóns, dos que reservei uns poucos para gornición. Ao final engadín unhas castañas. Xa sei que non é tempo de castañas, pero tiña na casa unha lata das mesmas ao natural (conservadas na súa auga de cocción e sal) das que comercializa Posada, de Ourense. Tamén reservei unhas poucas.

Cando as verduras estaban cocidas, volvín á pota a carne do polo e triturei todo co batedor. De seguido engadín os champiñóns e castañas que reservara, todos ben picados e para a mesa, acompañando uns dados de pan frito e nata de leite, que cada comensal puxo no seu prato segundo as súas preferencias.

As castañas dábanlle á crema un punto delicioso. Gustoulle a todos.

© Miguel Vila Pernas

*miguel(arroba)colineta.com

09/09/2005 14:31 LEER este artigo. Tema: ARTIGOS.

Comentarios » Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario

*

*
No será mostrado.


*

* Datos requeridos.


V.O.GALEGO

Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Creative Commons.

Temas



Archivos

Enlaces

Blog creado con Blogia. Derechos de autor con . Estadísticas. Suscribir RSS. Admin.

[Blogia apoya al Evento Blog España y los Premios Bitacoras.com 2008 | Medio Oficial: ADN.es]