DOUS QUEIXOS DE SAN SIMÓN, OS MELLORES DE ESPAÑA NA SÚA CATEGORÍA
Nun país como España, no que se aprecian por derriba de todo os queixos feitos de leite de ovella e, en todo caso os de mestura de ovella, cabra e vaca, os queixos galegos nunca gozaron de moito prestixio, debido á súa procedencia exclusiva do leite de vaca.
Pero non últimos tempos parece que as cousas van cambiando e o bo facer das moitas queixerías que traballa dacabalo da tradición artesana e os procedementos idustriais está a dar o seu froito.
Un ano máis, a denominación de orixe de San Simón da Costa acaparou os premios aos mellores queixos españois na categoría de queixos de vaca de pasta prensada. As marcas Don Crisanto e Prestes repartense cada ano o primeiro premio da categoría e o accesit, sendo este ano o primeiro para Don Crisanto.
Semella que fora de Galicia prestan máis atención a este singular queixo, afumado con madeira de abudueira, do que o facemos na propia Galicia. Aquí, coa excepción da zona de Vilalba (Lugo) da que procede, o queixo de San Simón convertese nun sesgundón, despois do de Arzúa-Ulloa, que tampouco é manco. Un terceiro queixo galego foi premiado no concurso de este ano, trátase do elaborado pola Cooperativa Hoxe, de Lalín, que recibiu o accesit na categoría de queixos de pasta branda. Aquí o primeiro premio foi para unha das grandes maravillas dos queixos españois: a extremeña Torta del Casar.
Para que estea interesado no queixo de San Simón, a denominación de orixe ten unha interesante páxina web, que se pode visitar en www.ssimondacosta.com
Poema Louvanza dos queixos de San Simón de Manuel María

0 comentarios