COLINETA. Gastronomía e literatura.contacto: miguel(arroba)colineta.com
|
DEGUSTACIÓN DE ORTIGASA asociación cultural As Ortigas, que en xullo organizou a I Exaltación Gastronómica da Estruga, segue no seu empeño de promoción do consumo desta planta que debemos empezar a considerar como unha verdura máis. Con tal motivo, o 21 de outubro terá lugar unha degustación de tortilla de estrugas, revolto de estrugas con gambas, empanada e licor de estrugas, acompañadas de viño do Ribeiro. A degustación terá lugar nba cervexería Tremedoiro, en Xinzo de Limia (Ourense), a partir das 8 da tarde. No mesmo acto presentarse unha bran barra de pan de estrugas, de 2,40 metros de longo. As degustacións continuarán o 28 deste mesmo mes na cervexería Polémica, de Chantada (Lugo). A partir das 8 da tarde procederase á degustación dun bocadillo de 1,5 metros. Tamén haberá contacontos. Miércoles, 19 de Octubre de 2005 10:35 Comentarios » Ir a formulario |
![]() Esta obra está baixo unha licenza Creative Commons. TemasArchivos
Enlaces |