COLINETA. Gastronomía e literatura.

contacto: miguel(arroba)colineta.com

O MELLOR MEL GALEGO É DO VALADOURO

Onte fixeronse públicos os resultados da Cata do Mel de Galicia 2005. O primeiro premio foi para Mari Fe Sixto Pernas, de Tras dos Ríos, no concello lugués de O Valadouro, que comercializa o seu mel coa marca O Trobo, baixo a denominación específica Mel de Galicia.

Dende o comezo das catas do mel, O Trobo sempre estivo presente nos primeiros postos entre as marcas galegas presentadas a concurso, obtendo diversos galardóns que agora se ven coroados con este primeiro premio, que recoñece a calidade do mel do Valadouro e o traballo realizado por Mari Fe e o seu pai, Javier.

O Trobo produce mel da millor calidade, que se comercializa fundamentalmente na Mariña de Lugo, así como en Madrid, onde goza dun gran aprecio. Ademáis, na casa de Mari Fe podese visitar un pequeno museo do mel onde se expoñen instrumentos e ferramentas do apicultor procedentes da mesma casa e xa en desuso por ser antigas, así como instrumentos tradicionais destinados á fabricación de velas de cera natural, procedentes da antiga fabrica de Aquilino, parente da propietaria de O Trobo.

19/11/2005 18:03 LEER este artigo. Tema: ARTIGOS.

Comentarios » Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario

*

*
No será mostrado.


*

* Datos requeridos.


V.O.GALEGO

Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Creative Commons.

Temas



Archivos

Enlaces

Blog creado con Blogia. Derechos de autor con . Estadísticas. Suscribir RSS. Admin.
Blogia apoya: Fundación Josep Carreras; Emprendedor ven a Iniciador Aragón.