COLINETA. Gastronomía e literatura.contacto: miguel(arroba)colineta.com
|
XII FESTA DA RICHADAO próximo domingo Forcarei, na pontevedresa comarca do Deza, celebra a Festa da Richada, que vai xa pola edición número doce. Cara ao mediodía haberá degustación de carne richada acompañada de filloas e viño, a dous euros a ración. A richada é carne de tenreira, cortada en tiras finas ou dados e fritida con cebola e pemento doce e picante, que se acompaña tradicionalmente con tacas cocidas, inda que non é raro vela con patacas cocidas. Parece que a receita procede do patrimonio culinario dos arrieiros que no século XIX facían a ruta entre o Ribeiro e Santiago, inda que hoxe é un dos pratos máis propios da comarca de Terra de Montes. Comentarios » Ir a formulario
hola,
acerca da carne richada quería preguntarche se poidese surxir en ribadavia por influencia dos sefardíes, pois é unha carne propia e típica na zoa de cea ribadavia forcarrei lalin... Fecha: 22/11/2008 21:00. |
![]() Esta obra está baixo unha licenza Creative Commons. TemasArchivos
Enlaces |