COLINETA. Gastronomía e literatura.

contacto: miguel(arroba)colineta.com

Se muestran los artículos pertenecientes a Febrero de 2005.

02/02/2005

¿POR QUÉ AXENDA CULINARIA?

AGENDA.jpgA Agenda culinaria era unha publicación anual da editorial madrileña Bailly-Bailliere e hijos, que nos últimos anos do século XIX e comezos do XX ofrecía ás amas de casa a proposta dos menús de cada día (almuerzo e comida), e as receitas dos pratos que compoñían ditos menús.
Coñecín esta Agenda hai preto de vinte anos no Rastro madrileño, onde merquei un exemplar correspondente a 1904 por mil pesetas, sen regateo. Posteriormente atopei unha referencia á axenda de 1907 no libro Bibliografía de la gastronomía española, publicado en 1977 por Carmen Simón Palmer.
En 2004 avisáronme dun exemplar da axenda de 1917 cuxa venda anunciaba en internet unha librería catalana, e que tamén merquei, nesta ocasión por importe de 12 euros máis gastos de envío.
Trátase de libriños curiosos, os que teño gran aprecio e dos que tomei o nome de Axenda culinaria para este diario gastronómico. O de Colineta contareino noutro momento.

© Miguel Vila Pernas

02/02/2005 19:50 LEER este artigo. Tema: ARTIGOS No hay comentarios. Comentar.

04/02/2005

ANGUILITAS A LA GALLINETA

Rehóguense con manteca de vacas anguilas pequeñas (sin piel ni cabeza) y cortadas en trozos; se condimenta; espolvoréese de harina y mójese en vino blanco; se deja cinco minutos; se agrega un ramito de hierbas, setas y clavo; se cuece treinta minutos; líguese con dos yemas de huevo; pónganse en la fuente las anguilitas, colando la salsa que se echa encima de ellas y se sirve después.

Agenda culinaria para 1904. Libro de la compra con minutas y recetas para cada uno de los días del año. Por la Duquesa Laura. Librería editorial de Bailly-Bailliere e hijos. Madrid, 1904.
04/02/2005 09:57 LEER este artigo. Tema: RECEITAS DE 1904 No hay comentarios. Comentar.

05/02/2005

BOTELO E ANDROLLA

Poderían os da Fonsagrada ou os de Navia de Suarna facer unha misión comercial gastronómica a Andorra para ilustrar ó presidente do goberno do Principado nas exquisiteces dos embutidos propios da montaña luguesa e dunha boa parte da provincia de Ourense. Falo de botelos e androllas, que nestes días anda de festa nas dúas localidades citadas.
O pasado 30 de xaneiro, o mesmo día en que A Fonsagrada celebraba a súa festa do botelo, o presidente andorrano pronunciaba en Lalín o pregón da festa do cocido, a máis antiga e probablemente a máis coñecida de cantas festas gastronómicas se celebran na nosa terra. Marc Forné, que así se chama o máximo responsable do goberno do país pirenaico, deu no seu pregón mostras do amplo coñecemento que ten charcutería catalana e o pouco que sabe sobre o mesmo respecto de Galicia. Forné mentou un embutido catalán, con nome que non lembro, que comparou co exquisito botillo de vuestros vecinos del Bierzo. Evidentemente nin Forné nin os seus asesores teñen que ser grandes expertos en gastronomía galega, polo que a misión que propoño ás xentes da Fonsagrada e Navia de Suarna pode obter excelentes resultados. Por certo, que Navia celebra a festa da androlla o próximo 6 de febreiro, é dicir, o domingo que ven.

© Miguel Vila Pernas

05/02/2005 08:31 LEER este artigo. Tema: ARTIGOS No hay comentarios. Comentar.

07/02/2005

TRUFAS AL RESCOLDO

Después de mondadas unas trufas, se envuelven en lonjas de tocino previamente salpimentado; se van cubriendo sucesivamente con cuatro hojas de papel: se templan en agua y se cuecen en el rescoldo durante un cuarto de hora; se retiran, se las quitan las dos hojas superiores del papel y se sirven como entrada, dejando las hojas de abajo.

Agenda culinaria para 1904. Libro de la compra con minutas y recetas para cada uno de los días del año. Por la Duquesa Laura. Librería editorial de Bailly-Bailliere e hijos. Madrid, 1904.
07/02/2005 11:24 LEER este artigo. Tema: RECEITAS DE 1904 No hay comentarios. Comentar.

08/02/2005

TORTILLA DE TOCINO

Se corta en pedacitos cuadrados un trozo de tocino desalado (es preciso que el tocino tenga entremetido algo de jamón) y quitada la corteza; hágase tomar color en la sartén con un poco de manteca; se echan luego los huevos bien batidos y sazonados. Se acaba de hacer y se sirve como la tortilla al natural.

Agenda culinaria para 1904. Libro de la compra con minutas y recetas para cada uno de los días del año. Por la Duquesa Laura. Librería editorial de Bailly-Bailliere e hijos. Madrid, 1904.
08/02/2005 12:01 LEER este artigo. Tema: RECEITAS DE 1904 No hay comentarios. Comentar.

MENÚS DE ANTROIDO

matanza.jpgEn Galicia rebenta o Antroido entre máscaras, festas, fariña e formigas para os máis aventureiros. Nas mesas cocidos, lacóns, cacheiras, botelos e androllas, freixós, filloas, orellas de frade, follas de limón, torrixas...
Algúns restaurantes apúntanse ó chamado da festa e ofrecen nos xornais as súas ceas de Antroido: robalizas ó forno, caldo cultivador, percebes, brochetas de froitas, sopas de allo... Xa lles vale o compromiso coa cultura tradicional do noso pobo.
De toda a oferta o único salientable son as sopas de allo, que despois dunha noite de festa entonan moi ben o bandullo e prepárannos o corpo para durmir ben.

© Miguel Vila Pernas

08/02/2005 12:05 LEER este artigo. Tema: ARTIGOS No hay comentarios. Comentar.

09/02/2005

É TEMPO DE BERTÓNS

Estamos en tempo de bertóns. Puiden comprobalo o domingo no mercado de Negreira, onde se ofrecían varias cestas desta verdura típica da nosa terra, como tamén o son as verzas galegas das que se obteñen.

Lamentablemente, nin os restaurantes de Galicia nin os que se denominan galegos ofrecen nas súas cartas esta rica verdura de tempada que, rechea, era considerada por Alvaro Cunqueiro coma un dos pratos más auténticos da vella cociña galega.

Trátase de reencher os bertóns cunha mestura de cebola, carne picada, xamón e ovo batido, cociñada en graxa de porco. Átanse os bertóns para que non perdan o recheo e cócense con máis cebola rustrida e algo de caldo e viño branco. Exquisitos.

Cunqueiro lembra os bertóns recheos que se facían na súa casa de Mondoñedo e di que, preguntando, tamén sabe que se consumían en Viveiro, en Lugo e en Sarria. A esa lista eu engado o Valadouro, onde foron prato apreciado.

Cipriano Torre Enciso, no seu libro “Cocina gallega enxebre” tamén fala dos bertóns, ós que da o nome de xenos, anque discute a súa procedencia. Segundo este autor, trátase dos gromos que nacen do talo do repolo unha vez cortado o mesmo.

Ó final os dous teñen razón e tanto se consumen como bertóns os procedentes do repolo coma os das verzas. Un terceiro autor, José Iglesias, indica que son bertóns os gromos dos nabos, unha vez cortados os últimos grelos.

Bertóns ou xenos son a mesma cousa, pero non son os únicos nomes que reciben. Segundo o diccionario de Eladio Rodríguez (mediados do século XX) en terras de Lemos chámanse bortós e no Ribeiro enllos. Tamén recolle a denominación de bretós, o mesmo que os diccionarios da Academia de 1913 e o de Leando Carré Alvarellos, de 1928.

Picadillo, pola súa parte, non os inclúe no seu célebre libro. Fala, si, de repolos recheos, pero cunha receita moi distinta da que nos ocupa. Polo contrario, as súas leitugas recheas responden fielmente á receita que Cunqueiro da para os bertóns.

Tamén aparecen as leitugas recheas, cunha receita semellante á de Picadillo, no “Arte de Cocina” de Martínez Montiño, que no século XVIII foi cociñeiro maior do Rei Felipe III.

No mercado de Negreira había o domingo bertóns de col galega. Non deixen de probalos recheos e comprenderán o dito popular: Verzas en xaneiro saben a carneiro.

© Miguel Vila Pernas

Artigo publicado en El progreso o 31 de xaneiro de 2005

09/02/2005 13:33 LEER este artigo. Tema: ARTIGOS No hay comentarios. Comentar.

11/02/2005

O COCIDO DE SAN VALENTÍN

Estamos nun tempo estraño. Nos últimos anos ó rematar o Antroido comezaban os restaurantes as tempadas dos cocidos, e vese que o porco tira máis cas limitacións da Coresma na nosa terra. Os restauradores, que de tolos non teñen un pelo, saben que o tempo de Antroido é unha época de vacas gordas, polo que ditas xornadas organízanse cando chegan as fracas da Coresma. Pero este ano o calendario desmontouno todo, e enriba do Antroido chega esa absurda festa do San Valentín, así que de momento as xornadas do cocido están a ser substituídas polas ceas románticas do tal santo. Agardaremos ata o día 15 a ver se comeza entón a tempada do cocido, antes de que chegue a Semana Santa e acabe cos últimos pesos que nos quedaban no peto.

© Miguel Vila Pernas

11/02/2005 08:36 LEER este artigo. Tema: ARTIGOS No hay comentarios. Comentar.

12/02/2005

O VALOR DAS COUSAS SINXELAS

Acabo de cociñar e comer o que na miña casa chamamos sopa de porros que non é outra cousa que a porrusalda vasca pero sen bacallau. Maila que a cociñei eu mesmo, sigo pensando que este prato ten algo de máxico: non é posible que un simples porros cocidos con patacas e cenorias en auga da billa dean un resultado tan marabilloso e complexo, tanto que posto na mesa e explicada a receita todos pensan que hai algún truco que no se conta, truco que non existe.
Ponse unha pota ó lume cun chisco de aceite e faise no mesmo un sofrito con algo de cebola e allo. Non fai falta picalos moi miúdos. Bótanse de seguido porros cortados en rodas e cenorias da mesma maneira. Agréganse patacas peladas e partidas en anacos do tamaño dunha noz pequena. Reméxese todo co sofrito, cóbrese de auga da billa e salgase, deixando cocer ata que as patacas estean brandas, momento no que se sirve. Non se precisa nada máis para lograr unha das sopas máis saborosas que teña comido na miña vida.
Os vascos póñenlle bacallau. Eu non, xa que hai na casa que non gusta deste peixe, polo que ás veces cambio a auga da billa por un caldo de polo ou xamón, se hai á man algún óso para facelo. Tamén me gusta poñer algo de corante (pseudo azafrán) que non da sabor, pero pinta a sopa de amarelo, cor que me resulta máis apetitoso o que natural, demasiado esbrancuxado.
En calquera caso, nin o corante nin o caldo son necesarios. Bastan as verduras, o sofrito e auga da billa. Proben e verán que non esaxero.

© Miguel Vila Pernas

12/02/2005 14:43 LEER este artigo. Tema: ARTIGOS No hay comentarios. Comentar.

14/02/2005

PICHONES ASADOS

Se fríe un poco de manteca, y en ella se revuelven los pichones; luego se les echa un poco de harina desleída con vinagre, y se deja todo hasta que los pichones estén bien dorados; añádase después un cacillo de caldo de puchero, dejándolo á fuego lento hasta que quede esta salsa reducida a la mitad.
Agenda culinaria para 1904. Libro de la compra con minutas y recetas para cada uno de los días del año. Por la Duquesa Laura. Librería editorial de Bailly-Bailliere e hijos. Madrid, 1904.
14/02/2005 17:31 LEER este artigo. Tema: RECEITAS DE 1904 No hay comentarios. Comentar.

GALLINA EN PREBE

Una vez limpia se pone á asar en unas parrillas, untando muy a menudo con manteca derretida, zumo de limón, sal y ajos machacados; a medio asar se pone en una cazuela, en la cual se echa manteca, perejil picado, pimienta, sal, laurel, la grasa ó manteca del asado, media escudilla de aceite crudo fino y el agua suficiente para cubrir la gallina; se deja hervir hasta que esté blanda y se saca; se deslíen en el caldo varias yemas de huevos, se baten bien para que espese el caldo y se deja hervir un poco.
Se echa la salsa encima de la gallina y se sirve.
Agenda culinaria para 1904. Libro de la compra con minutas y recetas para cada uno de los días del año. Por la Duquesa Laura. Librería editorial de Bailly-Bailliere e hijos. Madrid, 1904.
14/02/2005 17:32 LEER este artigo. Tema: RECEITAS DE 1904 No hay comentarios. Comentar.

16/02/2005

CARTAS COMESTIBLES

En calquera tenda galega de lambetadas para nenos pódense atopar reproducións comestibles de billetes de banco. Non son máis que fariña e auga en forma de oblea, o mesmo material de que están feitas as hostias da misa, e supoño que impresas con tintas comestibles.
Pois agora a ciencia desbordada de Homaru Cantu, chef do restaurante Moto, emprazado na cidade norteamericana de Chicago, deu coa fórmula para imprimir as cartas do seu restaurante sobre unha preparación de soia ou millo e empregando para iso unha vulgar impresora de chorro de tinta na que esta é substituída por zumes de froitas e vexetais. Chega un ó Moto, póñenlle a carta e, despois dun bo sobado da mesma coas mans máis ou menos cochas, comeza a comida papándoa.
O gran inventor planea tamén cocer o pan e asar os bistés cun raio láser. Evidentemente, son coma nenos.
Polo momento eu prefiro as cartas de papel e a comida de verdade.

www.motorestaurant.com


© Miguel Vila Pernas

16/02/2005 12:43 LEER este artigo. Tema: ARTIGOS No hay comentarios. Comentar.

18/02/2005

OS BOS LIBROS

Están as librerías cheas de receitarios de cociña, que ó parecer se venden moi ben, polo que algúns editores non dubidan en papel ó mercado que non é máis ca iso: papel. Non digamos xa os xornais, que con tal de vender exemplares regalan ou venden a baixo prezo calquera cousa que pensen pode chamar a atención que quenes, habitualmente, non compran o xornal.

Ós editores de prensa tanto lles ten que o interese do comprador estea na prancha de vapor que lle regalan coleccionado cupóns durante unha tempada. Ata saben que moitos destes compradores recortan o cupón e tiran o xornal sen mirar para el. Non importa, o que serve é que se incrementan as vendas de xornais, a tirada, a difusión, os datos da OJD ou da EGM e, polo tanto, os argumentos comerciais para vender publicidade, que é do que viven os editores, xunto coas axudas públicas.

Así que as coleccións de receitas, en forma de fascículos ou de libros, repítense nos xornais españois. A meirande parte destas coleccións son mercadas polos xornais a editoriais que non teñen moito reparo en facer negocio a conta de copiar receitas uns de outros ou publicar traducións verdadeiramente lamentables. Poucas veces hai material digno de mención nestas coleccións, e por iso sorprenden os libriños sobre a cociña de diversos países que comezou a publicar El País, ó prezo de 1,5 euros.

Nótase que detrás dos mesmos está Ignacio Medina, con décadas de xornalismo gastronómico ás súas costas, e nótase que os libriños teñen detrás moitas horas de traballo, experiencia e documentación. En definitiva, unha colección moi recomendable.

© Miguel Vila Pernas

18/02/2005 10:36 LEER este artigo. Tema: ARTIGOS No hay comentarios. Comentar.

19/02/2005

SUSHI

Di un “sushi”. Din os demais: “peixe cru”. Non sei porque existe en Galicia e en España enteira o convencemento de que o sushi xaponés non é outra cousa que peixe cru, o que polo menos este é o elemento fundamental do prato. Evidentemente, confúndese o sushi con outra especialidade xaponesa, o sashimi, que non é máis que peixe e marisco cru, cortado en pequenos bocados.

O elemento fundamental do sushi é arroz, cocido e aromatizado con vinagre de arroz. Son moitas as especialidades de sushi que presenta a cociña xaponesa e en ningunha falta este arroz. É o único elemento que non pode faltar.

O segundo elemento importante no sushi son as láminas de alga seca, o “nori”, pero non é imprescindible, habendo especialidades no que non está presente.

O terceiro elemento é o recheo ou a cobertura do arroz, que pode ser peixe cru, como pensan case tódolos galegos, pero tamén poden ser verduras crúas ou cocidas, mariscos cocidos, tortillas e carnes.

Hoxe preparei e comín sushi en forma de roliños (maki sushi) recheos de salmón afumado uns, de tortilla con albaca outros, de cogombro, de espinacas con manteiga de cacahuete e sésamo. O único peixe cru era o salmón afumado.

De tódalas modalidades de sushi, a máis sinxela de preparar é o “chirashi sushi”, que non é máis que unha cunca de arroz acompañado de peixe, marisco, hortalizas, tortilla... Se o único acompañamento do arroz son verduras, entón estamos ante un “gomoko sushi”, que pode levar espárragos, tirabeques, tomates, brécol, setas...
Tamén é vexetariano o “inari sushi”, pero neste caso o arroz e as verduras van dentro de follas de col ou de tofú frito (especie de queixo feito con soia).

No “ika sushi” o arroz e as verduras métense dentro de luras previamente cocidas para de seguido cortalas en rodas.

Cando o envoltorio do arroz e resto de ingredientes é tortilla de ovos, trátase dun “fukusa sushi” ou dun “chakin sushi”, depende da maneira en que se fagan os paquetiños.

Tamén se pode preparar o sushi nunhas pequenas caixas de madeira nas que se prensan o arroz e resto de ingredientes. Considerase a maneira máis antiga de preparar este prato e chámase “oshi sushi”.

O “maki sushi” é a especialidade máis coñecida entre nos: roliños de arroz envoltos en alga desecada e recheos de peixe, verdura, tortilla, etc. Se os rolos son delgados levan antes do nome a palabra “hoso” e se son gordos “futo”. Se os rolos se fan á man reciben o nome de “temaki sushi”.

Cando se invirte a orde, e o arroz vai por fora da alga que envolve o recheo, estamos ante o “uramaki”.

As porcións de arroz moldeadas coa man e cubertas por una anaco de peixe ou verdura chámanse “nigiri sushi”. Neste caso non acostuma a empregarse a alga “nori”.

Finalmente, cando se trata de pequenas bolas de arroz cubertas de peixe ou verdura o nome empregado é “temari sushi”.

Demasiada complexidade para reducilo a un simple peixe cru. Vintecatro séculos levan os xapones dedicados a estes refinamentos co arroz.

© Miguel Vila Pernas

19/02/2005 22:12 LEER este artigo. Tema: ARTIGOS No hay comentarios. Comentar.

20/02/2005

EXCELENCIA E HOSTELERÍA

cerveza1.jpgNesto de comer e beber os galegos somos abondo creídos. O noso é o mellor: as mellores patacas, o mellor peixe, as mellores verduras, a mellor carne, o mellor marisco, o mellor viño... O noso é o mellor, menos o viño tinto, que preferimos o Rioxa, anque sexa de pasto, sobre algúns tintos galegos ben notables.
Pero semella que os hostaleiros, algúns hostaleiros, non comparten esta idea tan estendida entre os consumidores. Falo de que o noso sexa o mellor.

Parte dos hostaleiros galegos non son máis que afeccionados que, a falta doutra ocupación e dispoñendo de algo de diñeiro, montan un bar e pretenden facer diñeiro con el. E o primeiro diñeiro ven da man de certos provedores que, paradoxos da vida, pagan para que venda os seus produtos.

Sucede, por exemplo, coa cervexa. As marcas que pretenden introducirse no mercado pagan grandes cantidades ós bares que colocan as súas billas, cantidades que poden superar os 10.000 euros.

Desta maneira, nos últimos tempos, estamos a ver como nos bares galegos empezan a proliferar billas de cervexa de marcas que nunca tiveron presenza nin aprecio na nosa terra, e que a golpe de talonario tentan abrirse sitio nun mercado en expansión. Os hostaleiros que tal fan amosan máis interese polo diñeiro fácil que por ofrecer ós seus clientes a mellor calidade, e en materia de cervexa a galega supera calquera outra marca española que eu coñeza (a son abondas) e non ten nada que envexarlle a moitas celebridades europeas.

Mágoa que en Galicia so exista unha marca propia de cervexa e estas liñas semellen pura publicidade. Mágoa que moitos hostaleiros galegos nunca escoitaran falar do concepto de excelencia.

© Miguel Vila Pernas

20/02/2005 13:05 LEER este artigo. Tema: ARTIGOS No hay comentarios. Comentar.

21/02/2005

CHOURIZO CON LEITE

CHORIZO-PIQUANT.jpgNon. Non se trata dunha receita nova creada por algún cociñeiro novo que tenta sorprender coas súas novas creacións. Nin se trata tampouco dun costume exótico procedente de lexanos países e traído ata nos pola crecente onda de inmigración, que coa xente de lonxe acaba traéndonos tamén os seus usos e costumes culinarios e os produtos propios dos seus países, de maneira que os nosos padais pódense abrir a novas preparacións, para as que ás veces son as nosas cabezas as que non están preparadas.

A min sempre me gustou coñecer novas culturas e novas cociñas, novos sabores e novas texturas, polo que recoñezo que cada día me gusta máis atopar no mercado e nos andeis das tendas especializadas produtos que hoxe consideramos exóticos e que en pouco tempo serán de uso cotiá. Pasou no seu tempo coa chirimoia, o aguacate ou o kiwi, que xa son de uso común. Está a pasar dende hai un tempo coa iuca ou os plátanos machos, eses grandes plátanos que so serven para cociñar e que ofrecen resultados estupendos.

Pero o chourizo con leite é outra cousa. Está entre nos sen que nos decatemos.

Basta con mirar as etiquetas de canto chourizo industrial atopamos nos andeis do supermercado para descubrir que todos conteñen leite, leite en po, soro de leite, sólidos lácteos ou calquera outro derivado do produto de muxir as vacas. Tamén pode haber proteínas vexetais (procedentes da soia) e outros elementos empregados como conservantes, corantes, etc.

Un, que estaba afeito a que os chourizos se facían con carne e touciño de porco, allo, sal e pemento, non pode menos que considerar estraños todos eses elementos que atopa na etiqueta do chourizo. Vale... no chourizo, no salchichón, no salame, no fuet, no choped, na mortadela, no paté, na sobrasada, no xamón cocido, na peituga de pavo e polo, no muslo dos mesmos... Ata en algunhas marcas de raxo adobado e cocido hai leite en po, e non acerto a entender como demo lla meten dentro, cando semella unha peza de raxo enteira e non materia picada.

Ante a constatación desta realidade un chega á conclusión de que ou renuncia a unha parte da súa vida (o peto non da para xamón de xabugo a diario) ou renuncia a ler as etiquetas dos alimentos, aplicando aquelo de que ollos que non ven...

O problema ven cando un e pai dun pícaro alérxico á proteína do leite. Entón non pode renunciar a ler as etiquetas. Eu levo sete anos facéndoo e ás veces noto as miradas da clientela do supermercado na miña caluga, especialmente cando estou ante o andel dos friames cagándome no leite en voz alta. Vostedes disimulen.

© Miguel Vila Pernas



El progreso
21/02/2005 17:37 LEER este artigo. Tema: ARTIGOS No hay comentarios. Comentar.

22/02/2005

ALMEJAS A LA PESCADORA

AGENDA.jpgSe ponen en una fuente las almejas, que se meten en el horno para que se abran. Se colocan en otra cacerola, se mojan con vino blanco y se sazonan, llevándolas luego al horno con fuego vivo y dejándolas hervir cinco minutos.

Agenda culinaria para 1904. Libro de la compra con minutas y recetas para cada uno de los días del año. Por la Duquesa Laura. Librería editorial de Bailly-Bailliere e hijos. Madrid, 1904.
22/02/2005 14:00 LEER este artigo. Tema: RECEITAS DE 1904 No hay comentarios. Comentar.

25/02/2005

AS FLORES COMESTIBLES E CUNQUEIRO

flores.jpgMoito están agora de moda as flores na cociña, especialmente nos restaurantes máis modernos e creativos. Nos mercados galegos as flores comestibles aínda teñen unha presenza ben reducida, pero en grandes mercados, como Madrid, logo non hai froitería que non as ofreza.

Hai xa ben anos dediquei moitas horas a coleccionar receitas de todo o mundo nas que un ingrediente, principal ou secundario, eran as flores. Xunte arredor de 150 e tentei publicar un receitario, cousa que me foi imposible. Ante o fracaso abandonei o proxecto e agora non sei onde está aquel material nin se algún día serie capaz de recuperalo. Pode que hoxe si fora posible a súa publicación.

O caso é que, relendo a Álvaro Cunqueiro, atópome con que xa el falou do uso das flores como comestible hai máis de corenta anos. En 1962 Cunqueiro publicaba “Se o vello Sinbad volvese ás illas”. Na páxina 55 deste libro (eu teño a terceira edición, publicada por Galaxia en 1985) podemos ler o que segue:
“Cociña Sinbad pra sí, e cando arriba á tertulia bótalle o alento a Mansur ou a Ruz o Mouro, e pergúntalles si adiviñan, e os outros cantas repostas, e Sinbad déixalles que acerten unha que outra pra que non perdan o gusto do xogo, pro as máis das veces non poden atinar, que o noso amigo trae o almorzo de mui lonxe, con fuciño de elefante mechado, ou sopa de neve con marzoa de pavo, ou allos recheos de sangue de pichón, ou un revolto de ovos con caraveles...”.

Semella que tódolos pratos que Cunqueiro atribúe a Sinbad son froito do maxín do mindoniense, pero coa a última receita estaba adiantándose ó noso tempo.

© Miguel Vila Pernas

25/02/2005 21:21 LEER este artigo. Tema: ARTIGOS No hay comentarios. Comentar.

27/02/2005

ALMEJAS A LA PESCADORA

AGENDA.jpgSe ponen en una fuente las almejas, que se meten en el horno para que se abran. Se colocan en otra cacerola, se mojan con vino blanco y se sazonan, llevándolas luego al horno con fuego vivo y dejándolas hervir cinco minutos.

Agenda culinaria para 1904. Libro de la compra con minutas y recetas para cada uno de los días del año. Por la Duquesa Laura. Librería editorial de Bailly-Bailliere e hijos. Madrid, 1904.
27/02/2005 08:15 LEER este artigo. Tema: RECEITAS DE 1904 No hay comentarios. Comentar.

28/02/2005

CUNQUEIRO E AS LAMPREAS VIAXEIRAS

Cunqueiro.jpgFoi un final de febreiro, hai xa vintecatro anos, cando nos deixou orfos o creador da literatura gastronómica galega e española do século XX, Álvaro Cunqueiro, mestre de todos cantos despois nos dedicamos a este oficio de contar e cantar as artes culinarias. Hai xa máis dunha década outro dos mestres do século pasado, amigo de Cunqueiro e confeso discípulo do mesmo, o catalán Néstor Luján, escribiu no prólogo a Fabulas y leyendas de la mar que o poeta e narrador mindoniense “creó un nuevo lenguaje gastronómico que todos hemos imitado, y yo me confieso el primero, pues siempre anduve fascinado por la misteriosa precisión con que adjetivaba un plato, un aroma, una salsa, el simple vaho nutricio, casi animal, de la cochura del pan”. Tampouco Luján era manco.

Foise Cunqueiro nun final de febreiro de 1981 pero segue Cunqueiro entre nos, presente mil primaveras máis a través da súa obra inmortal. Un día máis e o mindoniense tivera chegado ó mes de marzo de aquel ano e con eso á mellor tempada, segundo os ditos populares, dun peixe que el soubo definir coma ninguén: a lamprea, que en marzo é para o amo e en abril para o criado. Outro dito popular avisa contra a lamprea cucada, consumida despois de que o cuco avise da chegada da primavera, e foi o cuco un dos paxaros permanentemente presentes na literatura cunqueiriana, que o escritor gustaba de anunciar cando e onde escoitara o cuco por primeira vez cada ano, dato que nos ofrecía a través dos seus artigos xornalísticos.

Morreu Cunqueiro cando as lampreas subían polo Miño arriba cara ós pescos de Salvaterra e Arbo unhas, e a consumar o seu sacrificio despois da cópula augas arriba outras. Un sacrificio que cada ano se repite e permite que o ciclo gastronómico deste peixe, máis antigo que tódalas civilizacións coñecidas, se renove.

O escritor de Mondoñedo, nacido preto das terras onde nace o Miño das lampreas, gustou deste peixe, e deixou escrito repetidas veces o seu gusto polo mesmo nas distintas preparacións con que se cociña en Galicia, dende as empanadas (non me non canso de decir que as millores sempre as xanto en Caldas de Reis, escribiu en A Cociña Galega) ata a lamprea curada, que segue a consumirse en Arbo e que para Cunqueiro debe ser a maneira máis antiga de cantas existen en Galicia para consumir este peixe.

Efectivamente, a lamprea curada e cocida con verdura, ou reenchida de máis lamprea e ovo cocido, ven de antigo, pois xa a comezos do século XVII Francisco Martínez Montiño, cocinero mayor del rey nuestro Señor, inclúe no seu libro Arte de Cocina, pastelería, vizcochería y conservería a receita da lamprea en cecina, é dicir seca e curada, que debe remollarse e despois guisarse cun prebe feito de cebola frita, sazonada con especias, vinagre e viño tinto e ligado con fariña. Sérvese sobre rebandas de pan torrado. Martínez Montiño, cociñeiro do que se sospeita a procedencia galega, tamén inclúe no seu libro as receitas da lamprea asada e da empanada de lamprea.

Pero xa no século anterior Ruperto de Nola (1525) fala da lamprea en pan e antes ca el Martino da Como (finais do século XV) di que este peixe se pode asar ó espeto ou cociñar con media noz moscada na boca e en cada un dos buratos da cabeza un cravo. Colócase o peixe na cazola formando unha rosca e ponse aceite, agraz, viño branco e o seu sangue.

Outros moitos autores se preocuparon da lamprea nos séculos posteriores: Juan de Altamiras, Ángel Muro, Picadillo, a Condesa de Pardo Bazán, ata chegar a Cunqueiro, que a tódalas virtudes culinarias do peixe sumou poucos anos antes da súa morte outra non menos desprezable: o poder afrodisíaco.

Nun artigo publicado en maio de 1977 Cunqueiro asegura que está admitido o poder afrodisíaco da lamprea, cousa que na súa opinión coñecían de sobra os romanos, máximos afeccionados a este peixe que houbo na historia, seguidos de cerca dos galegos, portugueses e bordeleses, en palabras do mestre. Pero vaian sen medo á próxima festa da lamprea de Arbo, xa que no mesmo artigo tamén asegura Cunqueiro que ademáis de afrodisiaca a lamprea é somnífera, polo que ambos efectos se contrarestarían entre si e todos en paz.

Cunqueiro deixounos a finais dun mes de febreiro hai xa vintecatro anos, pero as lampreas seguen a subir polo Miño tódolos febreiros e marzos. E se van a Arbo á festa grande da raíña do río, estean vixiantes. Quen sabe se o mestre de Mondoñedo manda un sinal... lampreado.

Álvaro Cunqueiro faleceu o 28 de febreiro de 1981

© Miguel Vila Pernas


El progreso
28/02/2005 11:02 LEER este artigo. Tema: ARTIGOS No hay comentarios. Comentar.


V.O.GALEGO

Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Creative Commons.

Temas





Archivos

Enlaces

Suscrí
bete a este blog. RSS 2.0 Este Blog ha sido creado con Blogia. Ver derechos de autor . Estadísticas. Admin. [Blogia colabora con 1001 relatos.]