COLINETA. Gastronomía e literatura.contacto: miguel(arroba)colineta.com
|
FESTA DA VINCHAO 25 de febreiro terá lugar en Cerdedo, concello pontevedrés da zona da Estrada, a Festa da Vincha. Quen se anime a visitala poderá probar unha das sobremesas galegas máis descoñecidas: a vincha, que noutras zonas recibe os nomes de “bandullo” (Illa de Ons e zona do Morazo) ou “Tripón doce” (no sur da provincia de Lugo). Para quen non coñece o prato o máis sinxelo é dicir que se trata dunha especie de “pudding”, pero con algunhas peculiaridades tipicamente galegas. A primeira é o “recipiente” no que sempre se preparou, que non era outro que a vexiga do porco nunhas zonas e o tripón do mesmo animal noutras. Vexiga e tripa reenchíanse do amoado, chamado nalgunhas zonas “compota”, e cocíase no forno. Actualmente segue empregándose o tripón ou a vexiga en moitos casos, pero noutros a vincha faise empregando un molde apropiado para o forno. Outra das particularidades da vincha é o feito de que nalgunhas zonas entre os ingredientes atópanse produtos do porco, como touciño, ademais do pan, ovos, froitas secas, etc. Na illa de Ons aromatizase o bandullo con néboda (cientificamente calaminta népeta), unha herba para min descoñecida. Terei que ir a Ons preguntar por ela. Domingo, 08 de Enero de 2006 18:13 Comentarios » Ir a formulario
Eu so conhezo bandullo coma o budin de pan reseso con leite, mantequilla, azucre e pasas.
A neboda xa a conhecia como ingrediente nas castanhas cocidas que fan por Arbo. As castanhas quedan deliciosas. Un saudo e bo proveito. Fecha: 08/01/2006 20:30.
Eu coñeciaa como vexiga, pola zona de Lemos recheabase con pan, ovos e azucre e cociase nunha pota cos auga, como se fose un flan.
Faciase polo antroido. Fecha: 09/01/2006 11:32.
se esa "néboda" é o que na miña terra chaman "nébeda" é unha herba moi común por toda Galicia, e úsase para os mesmos propósitos que a manzanilla (dor de estómago...) pero o sabor e o aroma son totalmente distintos.
Fecha: 09/01/2006 13:15.
Vaia!! menuda sorpresa!! había moito tempo que non escoitaba falar deste prato. Un vello compañeiro de traballo contárame que o facía a súa avoa, e despois en Andorra coñecín a unhas portuguesas que facían unha cousa parecida.
Sempre tiven moitas ganas de probalo. Agora xa sei onde ir. Grazas. Fecha: 27/01/2006 13:03. |
![]() Esta obra está baixo unha licenza Creative Commons. TemasArchivos
Enlaces |