COLINETA. Gastronomía e literatura.contacto: miguel(arroba)colineta.com
|
XA O ADIANTOU COLINETAOs xornais de hoxe falan da última novidade presentada onte na feira Madrid Fusión por Homaro Cantu, un cociñeiro norteamericano que pon na mesa a fotografía dun plato, impresa sobre unha especie de oblea impregnada co sabor do prato fotografado. Eu sigo a preferir os percebes acabados de cocer e non a súa foto, por moi fotoxénicos que foran os mesmos. Seguro que a foto non serve para poñerse un pingando co zume dun crustáceo que se nos rebela ou ata para mollar a un compañeiro de mesa e ata a o veciño da contigua. O conto é que sobre as fotografías comestibles de Homaro Cantu xa adiantou información Colineta hai case un ano. Entón falabamos da carta comestible do restaurante deste cociñeiro, que se chama Moto e está na cidade de Chicago. Jueves, 19 de Enero de 2006 10:01 Comentarios » Ir a formulario |
![]() Esta obra está baixo unha licenza Creative Commons. TemasArchivos
Enlaces |