COLINETA. Gastronomía e literatura.

contacto: miguel(arroba)colineta.com

SOBERANO, COUSA DE HOMES

Pasou un verán de hai xa ben anos nun tradicional e coñecido bar da vila de Foz.

Detrás da barra dous rapaces, noviños, gañan o seu primeiro diñeiro como camareiros antes de volver ás aulas co inicio do curso.

Do outro lado, un cliente habitual, unha desas persoas que ninguén quere como clienta habitual do seu negocio: mal educado, de comportamento chulesco e faltón.

O cliente, consumidor habitual de coñac, marea no camareiro todo o que pode para rematar pedindo unha consumición.

Rapaz, ponme unha copa, di.

¿De que lla poño? pregunta Pepiño, un dos camareiros novos.

O cliente segue a vacilar, marear e faltarlle ao camareiro, que o leva aguantado durante días e está algo farto del.

¿De que quere a copa?, insiste o rapaz.

Finalmente, o cliente contesta: Do que son.

O camareiro era noviño, pero non por iso exento de malicia. E aí vai, colle a copa, pona derriba da barra, pilla a botella e serve... unha copa de Anís del Mono.

Din que foron outros clientes os que impediron que lle andara ao camareiro co monte dos piollos aquel bebedor habitual de coñac Soberano.

Esta historia recolle fielmente a realidade do sucedido, ou polo menos así o aseguraron no seu momento os protagonistas. Os nomes son reais.

06/02/2006 10:33 Autor: colineta. LEER este artigo. Tema: ARTIGOS.

Comentarios » Ir a formulario

gravatar.com
Autor: acedre

Mui bo este caso. E se Pepinho tivese licor de landra (que o hai por Extremadura) tamen podia servirllo.
Un saudo.

Fecha: 06/02/2006 14:45.


gravatar.com
Autor: Marinha de Allegue

Moi acertado o rapaz, ainda vensei que o coñezo e todo...
Unha aperta.
:)

Fecha: 07/02/2006 01:25.


gravatar.com
Autor: Marinha de Allegue

Moi acertado o rapaz. Ainda vensei que o coñezo e todo...
Unha aperta.
;)

Fecha: 07/02/2006 01:29.


Añadir un comentario

*

*
No será mostrado.


*

* Datos requeridos.


V.O.GALEGO

Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Creative Commons.

Temas



Archivos

Enlaces

Blog creado con Blogia. Derechos de autor con . Estadísticas. Suscribir RSS. Admin.
Blogia apoya: Fundación Josep Carreras; Emprendedor ven a Iniciador Aragón.