Blogia
COLINETA. Gastronomía e literatura.

O COCIDO DE SAN VALENTÍN

Estamos nun tempo estraño. Nos últimos anos ó rematar o Antroido comezaban os restaurantes as tempadas dos cocidos, e vese que o porco tira máis cas limitacións da Coresma na nosa terra. Os restauradores, que de tolos non teñen un pelo, saben que o tempo de Antroido é unha época de vacas gordas, polo que ditas xornadas organízanse cando chegan as fracas da Coresma. Pero este ano o calendario desmontouno todo, e enriba do Antroido chega esa absurda festa do San Valentín, así que de momento as xornadas do cocido están a ser substituídas polas ceas románticas do tal santo. Agardaremos ata o día 15 a ver se comeza entón a tempada do cocido, antes de que chegue a Semana Santa e acabe cos últimos pesos que nos quedaban no peto.

© Miguel Vila Pernas

0 comentarios