Blogia
COLINETA. Gastronomía e literatura.

REPÁPALOS E CHULAS

REPÁPALOS E CHULAS Hai xa bastantes anos escoitei falar dos repápalos a uns amigos estremeños, para quenes esta especialidade da súa terra era unha verdadeira exquisitez. Nunca cheguei a probalos nin souben da súa receita, xa que os meus amigos comeran os repápalos pero non sabían amañalos.

Agora atopo a fórmula nun receitario de cociña andaluza. Os repápalos non son máis que pan picado e mesturado con ovos e azucre, fritido en pequenas porcións e despois cocidos en leite con azucre, canela e pel de limón seca. Exactamente igual que as chulas tradicionais da Mariña de Lugo, coa única exccepción que o leite das nosas chulas unicamente leva azucre e canela, sen pel de limón, que ademais en Galicia non se adoita secar dita pel para o seu uso posterior.

Como escribía recentemente, cada día me convenzo máis de que a cociña tradicional é moito máis global do que se podería pensar.

© Miguel Vila Pernas

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

0 comentarios

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres