Blogia
COLINETA. Gastronomía e literatura.

MÚSICA E GASTRONOMÍA

Se pensa que bater un ovo para a tortilla ou picar pementos derriba da táboa da cociña é un ruído vostede demostra ter pouco ouvido musical. A min pasábame o mesmo ata que onte vin no telexornal un grupo participante no Festival de Música Avanzada e Arte Multimedia de Barcelona, máis coñecido como Sonar (www.sonar.es), que se celebra na capital catalana do 16 ao 18 de xuño de 2005.

O referido grupo emprega os máis diversos instrumentos e técnicas de cociña para facer música. E resulta que soaba ben.
Para min foi un descubrimento e cando cociño xa escoito os sons doutra maneira. Interesante.

O caso é que busco algo máis de información sobre o tema e atopo o Festival de Música Celta de Montevideo (Uruguai) (www.festivalceltademontevideo.com.uy) que se anuncia como encontro internacional de música e gastronomía celta. Non anuncia a data deste segundo festival, que se celebrará este ano, anunciando a participación de Luar na Lubre, xunto con grupos canadenses, arxentinos e uruguaios. Tampouco ofrecen información sobre o aspecto gastronómico do festival. É o que hai.

© Miguel Vila Pernas

*miguel(arroba)colineta.com

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

0 comentarios

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres