COLINETA. Gastronomía e literatura.

contacto: miguel(arroba)colineta.com

OS BOS GRELOS

Grelos.jpgDespois de dez anos vivindo preto de Santiago de Compostela, onte comín por primeira vez uns bos grelos aquí. En Santiago e comarca é difícil distinguir entre grelos e nabizas, que todo semella o mesmo. Polo menos isto pasa nos restaurantes, nos supermercados e nas tendas de verduras.
En Lugo non sucede o mesmo, e os grelos son grelos. Alí ninguén intenta darnos nabiza por grelo.
Despois de comer felicitei persoalmente por este feito á Carmen, propietaria e cociñeira do Tropic, de Bertamiráns. Non era para menos.
Nota: o que sucede na zona de Santiago pasa en media Galicia... ou máis. Cada día é máis raro escoitar falar de nabizas, todo se volve grelos, polo que moitos galegos descoñecen a diferenza entre uns e outros. Volveremos sobre o asunto.
Viernes, 07 de Enero de 2005 13:17

Comentarios » Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario

*

*
No será mostrado.


*

* Datos requeridos.


V.O.GALEGO

Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Creative Commons.

Temas





Archivos

Enlaces

Suscrí
bete a este blog. RSS 2.0 Este Blog ha sido creado con Blogia. Ver derechos de autor . Estadísticas. Admin. [Blogia colabora con 1001 relatos.]