OS BOS GRELOS
Despois de dez anos vivindo preto de Santiago de Compostela, onte comín por primeira vez uns bos grelos aquí. En Santiago e comarca é difícil distinguir entre grelos e nabizas, que todo semella o mesmo. Polo menos isto pasa nos restaurantes, nos supermercados e nas tendas de verduras.
En Lugo non sucede o mesmo, e os grelos son grelos. Alí ninguén intenta darnos nabiza por grelo.
Despois de comer felicitei persoalmente por este feito á Carmen, propietaria e cociñeira do Tropic, de Bertamiráns. Non era para menos.
Nota: o que sucede na zona de Santiago pasa en media Galicia... ou máis. Cada día é máis raro escoitar falar de nabizas, todo se volve grelos, polo que moitos galegos descoñecen a diferenza entre uns e outros. Volveremos sobre o asunto.

0 comentarios