COLINETA. Gastronomía e literatura.contacto: miguel(arroba)colineta.com
|
PREMIO NACIONAL DE XORNALISMO GASTRONÓMICO ÁLVARO CUNQUEIRO Un día semellante a hoxe, pero hai un ano, soou o meu teléfono a media tarde e era o alcalde de Lalín quen chamaba para comunicarme que o xurado do Premio Nacional de Periodismo Gastronómico Álvaro Cunqueiro acordara premiar o meu libro Caldeirada para dous (mortos)como mellor libro sobre gastronomía galega.Este mediodía reúnese de novo o xurado dos premios, na edición de 2005. Esta tarde volverán a soar varios teléfonos para recibir a mesma nova, pero non soará o meu, que non presentei nada a concurso. A pesar diso teño gañas de saber quenes son os premiados este ano, así que esta tarde estarei atento ás novas que cheguen de Lalín. Hai que recoñecer o enorme traballo que se está a facer dende a vila pontevedresa arredor da Festa do Cocido, que seguramente de tódalas festas gastronómicas galegas é a máis coñecida no resto de España. Tal vez a única que se lle poida equiparar é a do marisco do Grove. 12/01/2005 13:25 LEER este artigo. Tema: ARTIGOS. Comentarios » Ir a formulario |
![]() Esta obra está baixo unha licenza Creative Commons. TemasArchivos
Enlaces |