BANQUETE
Coincidindo coa festividade da patroa de Ferreira do Valadouro, o 9 de setembro a sociedade El Valle de Oro celebra un banquete na honra dos seus asociados, segundo se pode ler no programa.
O menú é o que segue:
Vermouth MARTINI
Entremés:
Jamón dulce, Pierna de Puerco, Salami, Gruyere, Pepino y Aceitunas.
Medio Pollo con Arroz
Lomo de Puerco adobado con papas doradas
Postre:
Brazo Gitano
Pan Café
Cerveza Polar
Trimalta para las Damas
Tamén podemos ler no programa que o banquete foi servido por los populares Abundio y Campita.
A festa tivo lugar o 9 de setembro de 1956, vai para medio século, no Salón Extra da Cervecería La Polar, en La Habana.
Nada se indica sobre a música. Nunha entrevista realizada en 1999, Celia Cruz díxome que no seu comezo cantou algunhas veces nas festas que os galegos organizaban nos xardíns de La Tropical, tamén na Habana. ¡Quen sabe o que se escoitou este día en La Polar!
0 comentarios