COLINETA. Gastronomía e literatura.contacto: miguel(arroba)colineta.com
|
FILLOAS DA PEDRAOnte celebrouse no concello de A Baña o primeiro certame de cociña con filloas da pedra. Os participantes presentaron pratos de cociña nos que o ingrediente común a todos era filloas feitas na pedra, como é común nesa zona de Galicia. Para ser a primeira edición do certame houbo unha alta participación, tanto de profesionais coma de afeccionados, presentándose un total de 17 receitas a concurso. Algunhas das receitas foron sorprendentes: filloas con bacallau e cigalas, con grelos, lasaña de filloas... pero tal vez a mellor combinación de sabores estaba nunha receita na que as filloas se reenchían de zamburiñas e algas: un sabor delicioso, que o xurado puntuou moi alto, pero unha presentación desastrosa, que lle impediu levar o primeiro premio. Entre as receitas presentadas polos profesionais chamou a atención do público unha reprodución da ponte de Pontemaceira, realizada con filloas recheas de crema. O fallo do xurado, no que estiven integrado, farase público o próximo domingo 13 de marzo, no transcurso da segunda edición da festa da filloas da pedra, que ten lugar no mesmo concello de A Baña. O ano pasado púidose ver o proceso de elaboración de filloas en grandes pedras. O público poderá disfrutar das filloas, soas ou acompañadas de chourizos ó viño. Unha festa recomendable. A Baña atópase preto de Santiago de Compostela, a medio camiño entre Negreira e Santa Comba. © Miguel Vila Pernas 06/03/2005 08:37 LEER este artigo. Tema: ARTIGOS. Comentarios » Ir a formulario |
![]() Esta obra está baixo unha licenza Creative Commons. TemasArchivos
Enlaces |