COLINETA. Gastronomía e literatura.

contacto: miguel(arroba)colineta.com

REPÁPALOS E CHULAS

chulas.jpgHai xa bastantes anos escoitei falar dos repápalos a uns amigos estremeños, para quenes esta especialidade da súa terra era unha verdadeira exquisitez. Nunca cheguei a probalos nin souben da súa receita, xa que os meus amigos comeran os repápalos pero non sabían amañalos.

Agora atopo a fórmula nun receitario de cociña andaluza. Os repápalos non son máis que pan picado e mesturado con ovos e azucre, fritido en pequenas porcións e despois cocidos en leite con azucre, canela e pel de limón seca. Exactamente igual que as chulas tradicionais da Mariña de Lugo, coa única exccepción que o leite das nosas chulas unicamente leva azucre e canela, sen pel de limón, que ademais en Galicia non se adoita secar dita pel para o seu uso posterior.

Como escribía recentemente, cada día me convenzo máis de que a cociña tradicional é moito máis global do que se podería pensar.

© Miguel Vila Pernas

24/04/2005 16:39 LEER este artigo. Tema: ARTIGOS.

Comentarios » Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario

*

*
No será mostrado.


*

* Datos requeridos.


V.O.GALEGO

Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Creative Commons.

Temas



Archivos

Enlaces

Blog creado con Blogia. Derechos de autor con . Estadísticas. Suscribir RSS. Admin.
Blogia apoya: Fundación Josep Carreras; Emprendedor ven a Iniciador Aragón.