COLINETA. Gastronomía e literatura.

contacto: miguel(arroba)colineta.com

A IGNORANCIA E O SANGUE DAS LAMPREAS

Certamente a ignorancia é atrevida. No programa de Telecinco Caiga Quien Caiga (CQC) do pasado venres 22 de abril puxeron a caer dun burro a un cociñeiro madrileño xoven (desculpen por non lembrar o nome) que ensinaba no seu programa de Canal Cocina como cociñar unha lamprea á bordelesa, é dicir, empregando o seu sangue para o prebe.

Aos burriños de CQC a receita parecíalles unha bobada de cociñeiro xoven desexoso de destacar. O tal cociñeiro, que teño visto moitas veces en Canal Cocina e que me parece ten os pes ben asentados no chan, non facía máis que aplicar unha receita tradicional, supostamente procedente de Burdeos, que se emprega habitualmente en Galicia e norte de Portugal, con excelentes resultados.

Os de CQC quedaron como verdadeiros pailáns, por moito que vaian de sabidos pola vida. A min gustábame máis o programa en tempos do Wyoming.

Máis: Cunqueiro e as lampreas viaxeiras

Máis: Sabe que lamprea

© Miguel Vila Pernas

25/04/2005 20:44 LEER este artigo. Tema: ARTIGOS.

Comentarios » Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario

*

*
No será mostrado.


*

* Datos requeridos.


V.O.GALEGO

Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Creative Commons.

Temas



Archivos

Enlaces

Blog creado con Blogia. Derechos de autor con . Estadísticas. Suscribir RSS. Admin.
Blogia apoya: Fundación Josep Carreras; Emprendedor ven a Iniciador Aragón.