COLINETA. Gastronomía e literatura.contacto: miguel(arroba)colineta.com
|
HIMNO AO XAMÓNDe Ramón Otero Pedrayo Groria do porco, frol da invernía, sona da casa, lapa de carne Xamón. Densidá ilustre da cena sabia, gracia e potencia, rosa do pote, Xamón. Coallo dos froitos todos da terra, labio fresqueiro, mantenza antiga, Xamón Febra xugosa, rica canteira onde se curtan limpos poliedros Xamón. Benedictina fartura ilustre de Oseira e Samos, coartel famoso, Xamón. Rei da lareira, carne petrucia, da Raza esgrevia gardas o zume, Xamón. De rica alquímia Summa suprema, Fariña, poma. Landra, castaña.) Xamón, Sal do fumeiro, na noite negra do viño en xerra irmán doado, Xamón Pai das artritis, das esclerosis . fildalgas doenzas do pazo antergo, Xamón. Tentación dura pra o anacoreta, coor de meixela, carne de lume, Xamón. Do chan galego tes a dozura se a meias coces con fachas secas, Xamón Sono adoecido do triste abstemio farto de berzas, todo augachirle, Xamón, Pra tí frolecen os soutos vellos, medran as hortas, madura o nabo, Xamón. Para gabarte cantóu Homero, brilas no hexámetro, manxar heroico Xamón Liturxias vellas impós ós fieis aristocrática, feudal mantenza, Xamón Coma o pescado roxo e sabroso amoleciches ó funcionario, Xamón Do norte xiado veu pra buscarte o loiro suevo fillo da guerra, Xamón. Da xente aria vella mantenza, na túa presencia trema o Semita, Xamón. Triste xudeu farto de ovella morre de envexa pola túa groria, Xamón. Criado con calma, mimo, coidado, da esencia do agro síntesis rara, Xamón. Mentras o fígado come o escolante, ríllate ancioso o forte abade, Xamón Tes en Caldelas forte crianza na neve xiada das cumes outas, Xamón. Dacón por ti goza de sona de ser Porcópolis, Chicago noso, Xamón. Papa das carnes, cardealicio, archimandrita da limpa mesa, Xamón. Homildemente a tí chegamosos pelingrinos, fartos de légoas, Xamón. E no teu gosto fresco e potente teñen consolo as nosas fames, Xamón. ¡Rei da mantenza, sol do fumeiro, que sempre agardes nosa chegada Xamón. Miércoles, 18 de Mayo de 2005 20:26 Comentarios » Ir a formulario |
![]() Esta obra está baixo unha licenza Creative Commons. TemasArchivos
Enlaces |