COLINETA. Gastronomía e literatura.contacto: miguel(arroba)colineta.com
|
TORTILLAS DE PATACAS CHIPSDúas veces me falaron de tortillas de patacas certamente particulares. No primeiro caso tratábase dunha tortilla cociñada en París para unha estudante galega. A súa mai parisina quixo ter un detalle especial con ela cociñándolle unha tortilla para a cea. Receita: pélanse patacas, lávanse e córtanse como para tortilla, botándoas de seguido na tixola, na que se engaden os ovos batidos e ponse ao lume ata que estes callen. As patacas acaban igual de crúas que cando entraron na tixola. O segundo caso foi unha tortilla cociñada en Bogotá por unha colombiana emigrada en España: abriu unha bolsa de patacas chips e botounas na tixola, de seguido os ovos e ao lume para callalos. O caso e que agora atopo un novo programa de receitas na televisión. O cociñeiro, xoven e con abonda graza, propón facer unha tortilla rápida de patacas. Bate ovos nunha cazola, abre unha bolsa de patacas chips e déixaas repousar ata que se enchoupan no ovo, momento en que engade un derradeiro ovo batido, que mestura coas patacas, e calla a tortilla nunha tixola cun chisco de aceite. Case como en Bogotá. Rematada a tortilla entra o convidado ao programa, que non e outro que o Gran Wyoming, que colle un anaco de tortilla, méteo na boca e, coa cara e as mans fai sinos de aprobación, xa que como persoa ben educada sabe que non se fala coa boca chea. Haberá que probalo. O da tortilla, quero dicir, que falar coa boca chea queda para os curtos en urbanidade. Tortilla de ortigas/a> Tortilla de touciño (receita de 1904)/a> Callos con tortilla/a> © Miguel Vila Pernas Jueves, 02 de Junio de 2005 19:05 Comentarios » Ir a formulario |
![]() Esta obra está baixo unha licenza Creative Commons. TemasArchivos
Enlaces |