COLINETA. Gastronomía e literatura.contacto: miguel(arroba)colineta.com
|
PRATOS DE VERÁNCabo da miña casa en Santiago había un bar no que servían comidas caseiras, e onde eu comía os días que non tiña que amañar na casa ou non tiña gañas de cociñar. Os xoves sempre preparaban cocido, e inda que non fora cousa de tirar foguetes, moitos xoves eu pasaba por alí, que o cocido gústame especialmente e cociñalo para un so non era do caso. Aquel xoves do mes de maio sentei a mesa e xa pedín o cocido sen agardar mais. “Síntollo, pero hoxe non hai cocido”, dixo o camareiro que era, ao tempo, propietario do establecemento. “Agora xa ven a calor, así que ata outubro non imos volver servilo” engadiu. “Hoxe temos callos”, ofreceu. “Pois veñan uns callos refrescantes”, contestei © Miguel Vila Pernas Lunes, 20 de Junio de 2005 14:04 Comentarios » Ir a formulario |
![]() Esta obra está baixo unha licenza Creative Commons. TemasArchivos
Enlaces |