COLINETA. Gastronomía e literatura.contacto: miguel(arroba)colineta.com
|
CHANGUALendo unha biografía de Gabriel García Márquez enterome de que o escritor colombiano estudou o bacharelato na vila de Zipaquirá, a poucos quilómetros da capital do pais, Bogotá. Zipaquirá e coñecida en todo o país pola súa catedral de sal. Tratase dunha antiga mina de sal rebautizada co nome de catedral e aberta ao publico. En realidade hai dúas catedrais de sal, pero so e posible visitar a de mais recente apertura, que semella ser pouca cousa ao pe da primeira, segundo me indicaron. A min, mais que a catedral de sal o que me impresionou foi a vila, fundamentalmente a zona colonial, verdadeiramente salientable. Mais volvamos con García Márquez. Segundo o seu biógrafo, o escritor disfrutou en Zipaquirá da changua, unha curiosa sopa, que na fría Bogotá serve fundamentalmente de primeira comida do día, o almorzo, ou de cea. Ponse unha cazola con auga ao lume e nela cócense patacas e cebolas cortadas en anacos, dentes de allo e coandro picado. Cando as patacas van cocidas agregase leite, tanta como caldo quede na pota, e na mestura escalfase un ovo por persoa, tendo salgado o caldo previamente. Mentres preparase o servizo, poñendo nunha cunca ou prato fondo uns anacos de pan (mellor de molde) e unhas lascas delgadas de queixo que funda facilmente. ponse un ovo escalfado en cada prato e botase derriba o caldo ben quente, xunto coas patacas e a cebola cocida. O resultado e sorprendente e delicioso. Para catro persoas podemos poñer unha cebola, catro patacas pequenas e dous dentes de allo. Auga que as cubra, pan, queixo e un ovo por persoa. O coandro e unha herba semellante ao perexil, pero de forte aroma e sabor, que xa se atopa en moitas froiterías. Podemos prescindir del, pero a changua xa non será o mesmo. Eu cómoa excelente, cociñada pola miña muller, nacida en Bogotá. © Miguel Vila Pernas 22/09/2005 14:31 LEER este artigo. Tema: ARTIGOS. Comentarios » Ir a formulario |
![]() Esta obra está baixo unha licenza Creative Commons. TemasArchivos
Enlaces |