COLINETA. Gastronomía e literatura.contacto: miguel(arroba)colineta.com
|
CHULAS DE CALACÚXa teño escrito sobre á certeza de que a cociña é un fenómeno global e, o mesmo que din que todos temos un dobre nalgún lugar, tódalas receitas que consideramos cento por cento galegas teñen o seu remedo noutro país. Teño escrito aquí sobre a coincidencia entre as follas de limón galegas e os paparajotes murcianos e sobre as chulasde pan que se fan na Mariña de Lugo, entre outros lugares, e os repápalos andaluces. Hoxe traio unha nova coincidencia: as chulas de calacú (cabaza) e o “vitobosha na boga” de Sudáfrica. As chulas de cabaza ou calacú son moi típicas da provincia de Pontevedra, e prepáranse con carne de cabaza cocida, mesturada con fariña, azucre e ovos, fritindose a masa nunha tixola. Poden atopar a receita en “Repostería en Galicia”, de Mariano García e Fina Casalderrey (Edicións Xerais de Galicia) ou en “Cocina gallega” de Araceli Filgueira Iglesias (Editorial Everest). A receita do “vitobosha na boga” atópoa nun libriño editado polo xornal El País, dedicado á cociña de Sudáfrica e o Índico, e pertencente á colección “Cocina país por país” elaborada polo crítico gastronómico do xornal, Ignacio Medina. A receita consiste en mesturar carne de cabaza cocida con fariña, ovos, azucre e levadura, fritindo a masa resultante nun tixola. Exactamente igual que as nosas chulas de cabaza. Os sudáfricanos, segundo Medina, bótanlle ás súas chulas azucre con canela cando saen da fritura. © Miguel Vila Pernas * miguel(arroba)colineta.com Miércoles, 02 de Noviembre de 2005 10:22 Comentarios » Ir a formulario |
![]() Esta obra está baixo unha licenza Creative Commons. TemasArchivos
Enlaces |