COLINETA. Gastronomía e literatura.contacto: miguel(arroba)colineta.com
|
AMORODOS CON VINAGREAndamos xa metidos en tempada de amorodos, que cada ano chegan máis cedo aos andeis da froiterías, moi caros nos primeiros días para despois ir mellorando de prezo pouco a pouco. Agora xa están a prezos asequibles, inda que han baixar máis. Hai moitas formas de preparar os amorodos, dende a tradicional con nata ata ensaladas, tortas e outras cada unha máis creativa que a anterior. E hai unha maneira que sorprende a quen xamais probou a receita nin soubo dela: con vinagre. Para unha ración de amorodos non se precisan máis que unhas gotas de vinagre, aproximadamente o contido dunha culleriña do café. Amañados desta maneiras, os amorodos gañan en sabor e dozura, sen que se note o sabor do vinagre. Un truco infalible que se pode tamén facer na cociña, antes de presentar os amorodos na mesa. Comentarios » Ir a formulario
Haberá que probalos así logo, non pintan mal.
Unha aperta. :) Fecha: 13/02/2006 01:39.
Amorodos...¿son fresas?
Tengo que traerme el diccionario de casa. Fecha: 13/02/2006 11:08.
xa os probara, e infusionados en vinagre de módena están tamén ben ricos...
apertas Fecha: 21/02/2006 13:58. |
![]() Esta obra está baixo unha licenza Creative Commons. TemasArchivos
Enlaces |