COLINETA. Gastronomía e literatura.

contacto: miguel(arroba)colineta.com

XAROPE DE ARCE

20060215121646-chulas.jpg

XAROPE DE ARCE

Xa escoitara falar dela pero non tiña coñecemento directo ata que esta mañá a vin no escaparate dunha botica: a dieta do xarope de arce. Miro en internet e atopo miles de novas ao respecto que fala de que dito xarope desintoxica o corpo e serve para perder Ata sete quilos de peso en pouco tempo. Tamén hai intervencións en foros de quen, despois de facer a devandita dieta, gañou un par de quilos no canto de perder os sete prometidos. Noutro lugar definen o xarope como a cortisona vexetal, atribuíndolle efectos anti inflamatorios.

Pero non son os supostos efectos dietéticos ou medicinais do xarope de arce os que me interesan, senón o seu uso culinario.

O xarope de arce é un líquido doce obtido da savia dun tipo de arce presente nos bosques do norte de Estados Unidos e en Canadá, países nos que se emprega con frecuencia como substitutivo do azucre ou do mel. Son famosas a tortitas norteamericanas bañadas con este xarope, que alí coñecen como “maple”.

Parece que o uso do xarope como edulcorante ven de vello na zona e teño lido que o seu emprego inicial se atribúe ás tribos indias precolombianas. A explicación pode ser moi certa, xa que a cana de azucre foi levada a América polos colonizadores españois.

Nunha ocasión trouxéronme un agasallo de xarope de arce de norteamérica. Durante algún tempo a botelliña durmiu o soños dos xustos no fondo da despensa, xa que non sabía que facer con el.

A inspiración veu un día que fixen chulas, chulas de pan, como son propias da Mariña de Lugo. Na miña casa sempre se fixeron para comer con leite, azucre e canela, pero tamén se deixan algunhas aparte para comer secas, tal como saían da tixola.

Imitando o uso das tortitas, ese día probei as chulas bañadas cun pouco de xarope de arce. Deliciosas. Ei volver á botica a mercar un pouco de xarope e repetir a experiencia.

Miércoles, 15 de Febrero de 2006 12:16

Comentarios » Ir a formulario

gravatar.com
Autor: acedre

Eu estou enamorado do "maple syrup", o puro 100% que logo hai sucedaneos trapalleiros.
Nos botamolo nos pancakes que son como filloas pero mui grosas e nas filloas de farinha ha de saber de vicio.
A min gustame mais que o mel.
Asi que o venden en botica por ai ?.Ese era un medo que tinha eu; chegar a terrinha e non topar o xarope de arce.
Un saudo.

Fecha: 15/02/2006 21:24.


gravatar.com
Autor: Colineta

A min tamén me gustou. Cando regreses a Galicia con mono dalgún produto norteamericano, que tamén os hai bos, tes www.theamericanstore.es que se atopa en Madrid, pero recollen pedidos por internet.

Fecha: 16/02/2006 11:10.


gravatar.com
Autor: Marinha de Allegue

A mín as chulas encántanme, terei que probalas con ese xarope e xa che direi...
Unha aperta.
:)

Fecha: 16/02/2006 22:15.


Añadir un comentario

*

*
No será mostrado.


*

* Datos requeridos.


V.O.GALEGO

Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Creative Commons.

Temas





Archivos

Enlaces

Suscrí
bete a este blog. RSS 2.0 Este Blog ha sido creado con Blogia. Ver derechos de autor . Estadísticas. Admin. [Blogia colabora con 1001 relatos.]