¿COMO DEMO SE FRITE UN OVO FRITO? (2)
Ver capítulo 1
INGREDIENTES E UTENSILIOS
Para fritir un ovo frito o primeiro que se precisa é dispoñer dos ingredientes, uns fundamentais e outros accesorios. Tamén fan falta algúns utensilios. Imos ver.
O primeiro e fundamental ingrediente para facer un ovo frito é o ovo. O ovo pode ser de galiña, é o máis común. Pero tamén podemos fritir ovos de paspallás, de avestruz, de pomba, de pata, de oca, e de outras moitas aves. Réptiles e bechos raros, coma o ornitorrinco, tamén poñen ovos, pero non os fritimos habitualmente. Tamén teño oído falar dos ovos de avioneta, pero penso que era en broma, que xamais os atopei no mercado.
Respecto do ovo, ha que reparar en que se trate dun ovo fresco, san e cru. Se está cocido, por exemplo, xa non poderíamos falar de fritir un ovo, senón de fritir un ovo cocido. ¿Entendido?.
Despois do ovo é preciso graxa. O máis apropiado, segundo a moderna dietética, é o aceite vexetal, preferentemente de oliva, anque tamén se pode empregar de xirasol, soia, etc. A moderna dietética non di nada, pero non me parecen recomendables os aceites de coche, nin os aceites corporais nin os de broncear.
(continúa...)

© Miguel Vila Pernas
0 comentarios