¡QUE RICOS OS CHICHARROS!
Un xornal da Coruña (El Ideal Gallego) di que coa proximidade do San Xoán as sardiñas empezan a subir de prezo, mentres os percebes, por causa da abundancia dos mesmos no mercado, baixan ata situarse arredo de 33 euros. Estupenda nova... a dos percebes.
Pola súa parte, o Diario de Pontevedra falaba días atrás de que as vendas de xouba e xurelo estaban a dispararse dende comezos de xuño.
O xurelo é unha das grandes marabillas dos mares galegos, pero non reciben toda atención que merecen. Posible o baixo prezo dos mesmos sexa a causa do seu baixo prezo.
Recentemente, no transcurso dun dos + Xantares literarios organizados polo Pen Clube de Galicia, neste caso no celebrado en Casa Alfredo (Mos) servíronnos un lombo de chicharro en escabeche suave que foi un dos pratos máis comentados da noite. Nin o rape nin a perdiz que seguiron a aquel chicharro recibiron os eloxios tributados ao escabeche.
En Casa Alfredo serviron uns estupendos lombos de chicharros xa grandiños, deses que en Portugal chaman carapaus, que non so están deliciosos en escabeche, senón tamén feitos á grella e servidos con patacas cocidas, como fan os nosos veciños do sur.
Os máis pequenos, ben fritiños, son deliciosos. Hai quen os prefire inmediatamente despois de fritos e hai a quen lle gustan máis cando xa arrefriaron. En calquera caso son un bocado exquisito que nos sabemos apreciar adecuadamente.
Os que xa se ven pouco no mercado son os grandes chicharros de trinta centímetros ou máis que miña mai preparaba no forno cando eu era neno. O prato é sinxelo de amañar e de resultado garantido.
Frítense patacas cortadas en rodas de medio centímetro de gordo e, cando están medio feitas, distribúense no fondo dunha fonte de forno. Por derriba bótanse rodaxas de cebola tamén fritidas. Despois ponse o chicharro, salgado e con catro ou cinco cortes transversais, que cheguen ata a espiña, nos que meteremos uns anacos de limón. Botase un chorro de limón por derriba do chicharro e despois algo de pan relado.
De seguido ao forno ata que o peixe estea feito. O peixe queda delicioso, pero as patacas son pura gloria.

© Miguel Vila Pernas
*miguel(arroba)colineta.com
0 comentarios