Blogia
COLINETA. Gastronomía e literatura.

PRATOS DE VERÁN

Cabo da miña casa en Santiago había un bar no que servían comidas caseiras, e onde eu comía os días que non tiña que amañar na casa ou non tiña gañas de cociñar.

Os xoves sempre preparaban cocido, e inda que non fora cousa de tirar foguetes, moitos xoves eu pasaba por alí, que o cocido gústame especialmente e cociñalo para un so non era do caso.

Aquel xoves do mes de maio sentei a mesa e xa pedín o cocido sen agardar mais. “Síntollo, pero hoxe non hai cocido”, dixo o camareiro que era, ao tempo, propietario do establecemento. “Agora xa ven a calor, así que ata outubro non imos volver servilo” engadiu.

“Hoxe temos callos”, ofreceu.

“Pois veñan uns callos refrescantes”, contestei

© Miguel Vila Pernas

*miguel(arroba)colineta.com

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

0 comentarios

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres