Blogia
COLINETA. Gastronomía e literatura.

ENSALADA DE VERÁN

Nos bares e tabernas mais castizos de Madrid e habitual que no verán as cañas de cervexa (caña e o vaso, e por eso pode tamén ser caña de viño ou, mais raramente, doutra bebida) se sirvan cunha tapa consistente nun anaco de pataca cocida, que pode ir acompañada de cebola,tomate, pemento verde, cogombro e ovo cocido, rociado cunha vinagreta: e a ensalada de verano.

Este prato e moi apreciado en plena tempada de calores madrileños, e forma parte de moitos menús, domésticos e de restaurante.

O prato e sinxelo pero moi saboroso. As patacas cócense con pel e delúvanse cando xa arrefriaron, córtanse e mestúranse de seguido cos tomates, cogombros e pemento verde cortados en anacos pequenos. Engádese o ovo cocido, tamén en cachos e amañase todo con sal, aceite de oliva e vinagre.

O resultado e inmellorable se a ensalada repousa na neveira algunhas horas antes de consumila.

Pódese servir con tinto de verano (viño tinto, gasosa, xeo e unha roda de limón) que e outra creación popular madrileña, da que acabou apropiándose unha coñecida marca de gasosas. A hostalería madrileña esta chea de galegos, así que igual algún deles tivo algo que ver co invento.

© Miguel Vila Pernas

*miguel(arroba)colineta.com

0 comentarios