COLOQUIO EN MIL DUASCENTAS COPLAS GALEGAS
Frei Martín Sarmiento.
Publicado en 1751
Coplas 667 a 696
Era un raparigo,
vasallo (e galego)
do conde, e que estaba
servindo no eido.
Dixo que os confites
se daban por cestos
e que as rosquilliñas
se daban a centos;
os biscoitos largos,
brancos e amarelos;
se daban por feixes
e monllos enteiros;
dos ovos fiados
con muitos nobelos
andaban por ducias
seus pratos ben cheos;
uns bolos tan grandes
como un pan de mesto,
que eran de fariña
de trigo escolleito,
con leite amasados
sen ningún formento,
con ovos mexidos,
por sal, zucre preto.
Estes ditos bolos
que eran amarelos
andaban en torno
en rebandas feitos;
nuns baldes mui anchos
inda que mui lixeiros,
que eran de cortiza,
embreados drento
estaban uns xarros
olas ou pucheiros,
garrafas ou sellas,
frascos ou botexos,
picheles ou cántaros,
non sei cales delos;
só sei que eran todos,
pouco máis ou menos,
de vidro ou de prata
e que estaban cheos
de ágoas con zucre
e mais outros cheiros.
Daquelas bebían
todos os trescentos,
a barba regada,
netos e mais netos.
Dos viños que daban
e que eran diversos,
eu entendo pouco,
así, non falemos.
Dixo aquel rapaz
que non eran menos
o viño que a ágoa
-que era máis eu creo.
Mais se o viño quente
todos non beberon,
con mel e manteiga
foi frío o refresco,
inda que tomaron
mui quente e fervendo
muito chicolate
con sopas no medio.
E tamén estaban
os bufetes cheos
de lenguas, chourizos,
perniles, codelos,
de lacós, cachuchas,
fociños de cerdo
nuns patos mui anchos
e todo friento;
e mais muitas tartas,
que seica as fixeron
as monxas (andaban
abondo por certo);
pantrigos e roscas,
ripotes e queixos
a dálles cun pau
rodaban no eido.
Por fin, xa me canso
e mais non me lembro
de tanta merenda
de tanto festexo.
Maruxa das Rulas,
ti que tes máis peito,
cóntanos embora
aquelo que deixo.
MARUXA
-Deixache o millore,
Minguiña do Rego,
daqueles bocados
que houbo no refresco.
Con estes olliños
vin que o pasteleiro
meu dono fixera
mil cousas de prezo,
por orden que tiña
do Conde pequeno
-ou seica do frade
que ten seu goberno.
Tantas donosuras
e modos diversos
fixo de pasteles
que todos dixeron
na casa do Conde
que nen tan ben feitos
nen tantos os viran
xamais nalgún tempo.
Un só pastelón
tiña de rodeo
máis que tén as rodas
dun carro sen eixo.
Mais xa que pasou
todo aquel refresco
e que xa Minguiña
o contou extenso,
vamos adiante
deixémonos desto
pois aínda falta
algo do festexo.
+ Coplas 19 a 25
+ Coplas 26 a 32
+ Coplas 48 a 54
+ Coplas 77 a 84
+ Coplas 112 a 128
+ Coplas 165 a 167
+ Coplas 326 a 239
+ Coplas 367 a 369
+ Coplas 378 a 379
+ Coplas 667 a 696
+ Coplas 728 a 731
Publicado en 1751
Coplas 667 a 696
Era un raparigo,
vasallo (e galego)
do conde, e que estaba
servindo no eido.
Dixo que os confites
se daban por cestos
e que as rosquilliñas
se daban a centos;
os biscoitos largos,
brancos e amarelos;
se daban por feixes
e monllos enteiros;
dos ovos fiados
con muitos nobelos
andaban por ducias
seus pratos ben cheos;
uns bolos tan grandes
como un pan de mesto,
que eran de fariña
de trigo escolleito,
con leite amasados
sen ningún formento,
con ovos mexidos,
por sal, zucre preto.
Estes ditos bolos
que eran amarelos
andaban en torno
en rebandas feitos;
nuns baldes mui anchos
inda que mui lixeiros,
que eran de cortiza,
embreados drento
estaban uns xarros
olas ou pucheiros,
garrafas ou sellas,
frascos ou botexos,
picheles ou cántaros,
non sei cales delos;
só sei que eran todos,
pouco máis ou menos,
de vidro ou de prata
e que estaban cheos
de ágoas con zucre
e mais outros cheiros.
Daquelas bebían
todos os trescentos,
a barba regada,
netos e mais netos.
Dos viños que daban
e que eran diversos,
eu entendo pouco,
así, non falemos.
Dixo aquel rapaz
que non eran menos
o viño que a ágoa
-que era máis eu creo.
Mais se o viño quente
todos non beberon,
con mel e manteiga
foi frío o refresco,
inda que tomaron
mui quente e fervendo
muito chicolate
con sopas no medio.
E tamén estaban
os bufetes cheos
de lenguas, chourizos,
perniles, codelos,
de lacós, cachuchas,
fociños de cerdo
nuns patos mui anchos
e todo friento;
e mais muitas tartas,
que seica as fixeron
as monxas (andaban
abondo por certo);
pantrigos e roscas,
ripotes e queixos
a dálles cun pau
rodaban no eido.
Por fin, xa me canso
e mais non me lembro
de tanta merenda
de tanto festexo.
Maruxa das Rulas,
ti que tes máis peito,
cóntanos embora
aquelo que deixo.
MARUXA
-Deixache o millore,
Minguiña do Rego,
daqueles bocados
que houbo no refresco.
Con estes olliños
vin que o pasteleiro
meu dono fixera
mil cousas de prezo,
por orden que tiña
do Conde pequeno
-ou seica do frade
que ten seu goberno.
Tantas donosuras
e modos diversos
fixo de pasteles
que todos dixeron
na casa do Conde
que nen tan ben feitos
nen tantos os viran
xamais nalgún tempo.
Un só pastelón
tiña de rodeo
máis que tén as rodas
dun carro sen eixo.
Mais xa que pasou
todo aquel refresco
e que xa Minguiña
o contou extenso,
vamos adiante
deixémonos desto
pois aínda falta
algo do festexo.
+ Coplas 19 a 25
+ Coplas 26 a 32
+ Coplas 48 a 54
+ Coplas 77 a 84
+ Coplas 112 a 128
+ Coplas 165 a 167
+ Coplas 326 a 239
+ Coplas 367 a 369
+ Coplas 378 a 379
+ Coplas 667 a 696
+ Coplas 728 a 731
0 comentarios