Blogia
COLINETA. Gastronomía e literatura.

DEGUSTACIÓN DE ORTIGAS

A asociación cultural As Ortigas, que en xullo organizou a I Exaltación Gastronómica da Estruga, segue no seu empeño de promoción do consumo desta planta que debemos empezar a considerar como unha verdura máis.

Con tal motivo, o 21 de outubro terá lugar unha degustación de tortilla de estrugas, revolto de estrugas con gambas, empanada e licor de estrugas, acompañadas de viño do Ribeiro. A degustación terá lugar nba cervexería Tremedoiro, en Xinzo de Limia (Ourense), a partir das 8 da tarde.

No mesmo acto presentarse unha bran barra de pan de estrugas, de 2,40 metros de longo.

As degustacións continuarán o 28 deste mesmo mes na cervexería Polémica, de Chantada (Lugo). A partir das 8 da tarde procederase á degustación dun bocadillo de 1,5 metros. Tamén haberá contacontos.

0 comentarios