TORTILLA E CAFÉ CON LEITE
Achégase á barra do bar e pide o seu almorzo de tódolos días: café con leite e pincho de tortilla, contestando si á pregunta do camareiro sobre se quere pan.
En Galicia non resulta doado atopar esta escena, por dous motivos fundamentais. O primeiro é que poucos bares teñen tortilla feita na hora do almorzo. Outra, que poucos clientes a pedirían.
Aos galegos parécenos que a tortilla está moi ben na comida ou na cea, e ata para a merenda en bocadilo, pero non no almorzo. Claro que non todos os galegos pensan igual. Os que viviron algún tempo en Madrid saben moi ben que tortilla e café con leite, cun anaco de pan acabado de facer, casan de maneira estupenda.
A escena do primeiro parágrafo, case impensable en Galicia, onde se cociñan as mellores tortillas, é do máis común nos bares da capital de España.
1 comentario
Henrique -