Blogia
COLINETA. Gastronomía e literatura.

XII FESTA DA RICHADA

O próximo domingo Forcarei, na pontevedresa comarca do Deza, celebra a Festa da Richada, que vai xa pola edición número doce. Cara ao mediodía haberá degustación de carne richada acompañada de filloas e viño, a dous euros a ración.

A richada é carne de tenreira, cortada en tiras finas ou dados e fritida con cebola e pemento doce e picante, que se acompaña tradicionalmente con tacas cocidas, inda que non é raro vela con patacas cocidas.

Parece que a receita procede do patrimonio culinario dos arrieiros que no século XIX facían a ruta entre o Ribeiro e Santiago, inda que hoxe é un dos pratos máis propios da comarca de Terra de Montes.

1 comentario

martin -

hola,
acerca da carne richada quería preguntarche se poidese surxir en ribadavia por influencia dos sefardíes, pois é unha carne propia e típica na zoa de cea ribadavia forcarrei lalin...