Blogia
COLINETA. Gastronomía e literatura.

OS TEQUEÑOS NA CORUÑA... E EN VENEZUELA

Galicia foi un país de emigrantes e hoxe segue a selo, xa que inda que estamos en época de retorno, de momento son moitos os galegos que viven fora da terra.

Os nosos emigrantes levaron a cultura, a cociña e os usos e costumes galegas por todo o mundo, pero cando retornan tamén traen consigo o aprendido nos países de destino.

Así, o churrasco é hoxe uno dos pratos populares máis difundidos en Galicia, inda que o seu orixe está en Arxentina y Uruguai. Hai varias décadas que os primeiros retornados destes países montaron os seus restaurantes nos que ofrecían a carne asada á grella. Hoxe ningún galego menor de 25 ou 30 anos aceptará a idea de que este non é un prato orixinal de Galicia.

Nos últimos años estase a producir un novo fenómeno, tamén vinculado á carne e ao retorno de emigrados: a proliferación de establecementos onde se sirve o típico rodicio brasileiro.

Aínda o rodicio no alcanza as cotas de popularidade do churrasco, pero asentase nos nosos costumes culinarios a pasos axigantados.

OS TEQUEÑOS

Outros costumes culinarios e receitas importadas teñen tamén o seu lugar entre os gustos dos galegos, como é o caso dos “tequeños” venezolanos, popularizados na cidade da Coruña dende hai quince anos grazas a un bar de tapas da zona céntrica da cidade: La Viña.

Este establecemento, que popularmente é coñecido como Los Tequeños, abriu hai algo máis de quince años. Contra o que cabería pensar, o seu propietario non foi emigrante en Venezuela, pero os seus cinco irmaus si, e foron eles os que trouxeron a receita dos tequeños, e outras moitas máis.

O tequeño non é máis que unha barriña de queixo envolta en masa de trigo e frita, que se sirve como tapa ou aperitivo para acompañar a unha bebida.
En Venezuela forma parte da longa lista de produtos coñecidos como "pasapalos" sendo seguramente o máis orixinal de todos.

En La Viña, de A Coruña, comezaron a servir tequeños e “arepas”, inda que desistiron no caso das segundas, pois daban demasiado traballo e pouco rendemento.


Pouco a pouco a receita foi copiada por outros bares da zona, que agora tamén serven esta especialidade, e incluso pódense adquirir tequeños en algúns supermercados coruñeses.

OS “PASAPALOS”

Parece que foi na primeira metade do século XX cando se xeneralizou en Venezuela o uso de pasapalos, algo así coma o aperitivo español: unha pequena cantidade de comida que acompaña a unha bebida. En Venezuela o pasapalo empregase tamén en merendas e a veces incluso como comezo dunha comida.

E entre os pasapalos venezolanos son os tequeños os máis apreciados.
Non está claro o seu orixe, pero podería estar na localidade de Los Teques, próxima á capital venezolana, Caracas. Tamén se especula coa posibilidade de que algunha criada natural desta localidade tivera cociñado este produto nalgunha casa podente de Caracas, dende onde se terían difundido entre a sociedade venezolana.

Sexa cal sexa o seu orixe, los tequeños atravesaron o Atlántico e chegaron hai máis de quince años á Coruña para quedarse entre nos.

1 comentario

Javier -

A informacion que pos dos tequeños no e correcta o 100% O seu primer propietario si que estuvo en venezuela e foi o que comezou a vender os tequeños en "la viña" que estaba formado por 2 irmans. Estes irmans separaronse e a persoa q trouxo os tequeño e o que na actualidade esta no tequeño. Nesta direccion tes probas disto www.eltequeno.es/historia.html