Blogia
COLINETA. Gastronomía e literatura.

COLINETA CUMPRE UN ANO

A Colineta estalle a saír o primeiro dente. Hoxe mesmo cumpre o seu primeiro ano de vida, con gañas de quedarse moitos máis grazas ao estímulo de tódolos lectores.

Neste primeiro ano de vida de Colineta publicaronse 260 post, co que o obxectivo inicial de chegar a un cada dous días se viu amplamente superado.

Tamén resulta moi satisfactorio o nivel de audiencia acadado neste tempo. Seguramente hoxe mesmo superaremos as 7.500 consultas, segundo as estatísiticas que realiza webstat4u.com dende que Colineta tiña dous días de vida. Actualmente estamos entre as 25 bitácoras de gastronomía e cociña máis visitadas, das realizadas en España e controladas por webstat4u.

Outra satisfacción é comprobar a orixe das consultas, procedentes dun total de 25 países, fundamentalmente de fala española e portuguesa. A meirande parte das consultas (máis do 69%) proceden de España, situándose Estados Unidos no segundo lugar e Brasil no terceiro, seguido de Portugal. Despois veñen México, Arxentina, Chile, Venezuela, Perú, Canadá, Francia, Colombia, Reino Unido, Uruguai, Alemaña, Suíza, Italia, Suecia, Países Baixos, Polonia, Bolivia, Ecuador, Irlanda, Bélxica e Xapón, ordenados de maior a menor no número de consultas. Nun 8% das consultas descoñecese o país de orixe.

Finalmente, Colineta comparte o premio Alimentos de España ao mellor labor informativo continuado, concedido polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, xa que estaba incluído con outros traballos entre os méritos presentados para optar a dito galardón.

Remato co menos positivo do primeiro ano de Colineta. A escasa participación de vos, os lectores, na bitácora, xa que os comentarios publicados son pouquísimos. Algo debo estar a facer mal, pero aínda non sei que. Agradezo calquera indicación ao respecto.

En calquera caso, GRAZAS a todos por visitar Colineta.

5 comentarios

nemeth -

Olá, tamén da man de Acedre chego. Non coñecía este blogue e procurarei visitalo sempre que poida. Gosto da cociña e gosto de comer, así que estarei coma na casa.

Un aperta, e parabén polo teu labor.

Colineta -

Grazas a todos, e de maneira especial a Acedre, a quen terei que mandarlle un xamón virtual.

Marinha de Allegue -

PARABENS!!! polo primeiro dentiño, parece que promete ter máis arredor...
Dúas cousas que me gustaría decirlle si me permite.
Unha: o criterio persoal é un valor que temos, confíe no seu.
Dúas: dame mágoa que remate ese post tan enerxizante coa parte menos gustosa para vostede. Parece que marcha da mesa con mal sabor de boca, e garántolle que o menú estaba delicioso.
Un pracer descubrilo gracias a bon facer de acedre.
Unha aperta.
:)

Muralla -

Aquí estou, da mau de Acedre...
Gústame o teu blogomillo, así coma cociña, así que aquí estou, para leerte e deixarche o meu primeiro comentario.
Bicos.

acedre -

Noraboa polo aniversario !!!.
Vexo que o teu blogo ten exito en canto a visitas. Penso que o asunto da gastronomia gusta muito e se se enlaza con anecdotas e historias curiosas e imaxes boas; enton gustara mais.
Queixaste da falla de comentarios e eu non sei polo que sera.
A xente escribe pouco pero hai veces que miro blogos nos que o autor escribe: Non sei que me pasa (por exemplo) e escribenlle vinte preguntando e desbarrando. Non sei.
Podes probar a saudar outros blogueiros do teu interes e ligandoos. Xa se sabe que a propaganda fai muito neste mundo.
De todolos xeitos a falla de comentarios non resta un gran de sal a calidade do teu blogo. Hoxe vou comentar o teu caso no meu blogo para botar unha man.
Un saudo e a tirar para adiante.