Blogia
COLINETA. Gastronomía e literatura.

CARAMELOS DE XIN-TONIC

O camareiro puxo no vaso de tubo un anaco de limón, dúas pedras de xeo, xenebra e tónica. Estaba a preparar un xin-tónic, bebida pola que os británicos deberían estar xa no valhala da coctelaría.

Non sei porque motivo, dito camareiro decidiu remexer o xin-tonic cun chupa-chups no canto de facelo coa culler regulamentaria. Parece que nese momento se lle ocorreu a idea: fabricar caramelos de xin-tonic.

Tal camareiro chamase Paul Bordonaba e converteuse no fabricante dos primeiros caramelos de xin-tonic, que proximamente se comercializarán a través de internet.

A min tamén me gusta remexer o xin-tonic. Emprego para eso o dedo índice da man dereita, que de seguido lambo con fruición. ¿Será posible fabricar unha lambetada de dedo?. Acéptanse propostas. Non valen xeados, que xa foi inventado o frigo-dedo.

2 comentarios

Marinha de Allegue -

Poderiase facer un pastel similar ao "brazo de xitano" pero que se chamase "dedo paio"...
Unha aperta.
:)

acedre -

A min hai cousas que me gustan chupar os dedos despois de comelas como o churrasco ou o marisco. Tamen arrabanhar da cazola do chocolate.
Creo que hai chocolatinas de dedos asi como figuras de pan como as de San Andres de Teixido.
Non sei que outra cousa poderia levar forma de dedo: unha galleta? ou a sopa de letras transformada en sopa de dedos. Non sei.
Os caramelos de gintonic non son mui orixinais mirando que hai bombons de licor e outras lambonadas parecidas.