Blogia
COLINETA. Gastronomía e literatura.

VOLVE O TEMPO DOS BERTÓNS

Prato propio da cociña galega tradicional, os bertóns recheos son un prato descoñecido para unha boa parte dos galegos.

Unha preparación que cheira ás leguas á vella cociña dos pazos e os mosteiros e que podería estar, por dereito propio, na carta dos mellores restaurantes de Galicia. Atrevanse a probar unha das receitas preferidas por Cunqueiro.

4 comentarios

breoxende -

Só un matiz, en Ourense chámanlle "grelas", polo menos no meu pobo.

Plattdorf -

Vai desculpar que acapare o espazo de comentarios, pero é que estiven relendo o artigo dos xenos e hai un par de cousas que...

"Cipriano Torre Enciso, no seu libro “Cocina gallega enxebre” tamén fala dos bertóns, ós que da o nome de xenos, anque discute a súa procedencia. Segundo este autor, trátase dos gromos que nacen do talo do repolo unha vez cortado o mesmo."

Exacto, os xenos do repolo son os gromos que medran unha vez que se corta a cabeza pechada do repolo, entre as verzas que quedan e o cañoto.

No caso dos xenos de col, a cousa é máis ou menos a mesma, aínda que a col nunca chegue a pechar.

"Un terceiro autor, José Iglesias, indica que son bertóns os gromos dos nabos, unha vez cortados os últimos grelos."

Con isto teño problemas: os grelos SON os gromos dos nabos cando comezan a espigar. Primeiro nabizas, que son simplemente as primeiras follas que nacen (fan un caldo forte pero riquísimo) e despois grelos.

Ou estou trabucado?

Plattdorf -

Ah, son os xenos! É que agora xa fun ler o artigo da ligazón.

Para min, tanto son xenos os dos repolos coma os das coles. Simplemente saben distinto; eu prefiro os das coles porque os de repolo son algo máis doces. De todos os xeitos gústanme moitísimo cocidos con patacas e con allada (recoñezo que son algo básico para esas cousas).
Deus, quen mos dera aquí... Canto tempo sen comelos.

Por outra parte, por se lle interesa, tamén sei que en zonas do sur de Pontevedra e oeste de Ourense chámanlles grelos, sen diferencialos dos "auténticos" grelos dos nabos.

Coincido con vostede en que é unha mágoa que esta verdura non teña máis difusión fóra dos ámbitos estritamente familiares.

Plattdorf -

Que son os bertóns?