COLINETA. Gastronomía e literatura.

contacto: miguel(arroba)colineta.com

CAFE CON CANELA

Acabo de preparar café. A min gústame forte e cortiño, como se toma na miña Cuba natal, en Portugal, Brasil e nalgúns bares e cafeterías galegos.

Para a miña muller, colombiana, hai que facelo lixeiro e longo, como alí é típico: un tinto.

Pero de cando en vez poñémonos de acordo na maneira de preparar o café: ao estilo mexicano, é dicir, con canela. Resulta delicioso.

Basta con poñer un chisco de canela en po co café moído e preparalo como cada un teña por costume.

10/01/2006 12:13 Autor: colineta. LEER este artigo. Tema: TAPIÑAS.

Comentarios » Ir a formulario

gravatar.com
Autor: Rodrigo

Café de olla, ummm!! panela, canela e café. Unha amiga mexicana adoitaba levar un termo cando faciamos excursións nos arredores de Madrid. Estaba delicioso.

Fecha: 10/01/2006 13:33.


gravatar.com
Autor: Marinha de Allegue

Que boa pinta ten! arrecende desde aquí.
Unha aperta.
:)

Fecha: 12/01/2006 08:55.


Añadir un comentario

*

*
No será mostrado.


*

* Datos requeridos.


V.O.GALEGO

Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Creative Commons.

Temas



Archivos

Enlaces

Blog creado con Blogia. Derechos de autor con . Estadísticas. Suscribir RSS. Admin.
Blogia apoya: Fundación Josep Carreras; Emprendedor ven a Iniciador Aragón.